Páginas

viernes, 11 de septiembre de 2020

COMEZO DUN NOVO CURSO

 Hoxe, despois de moitos meses, por fin puidemos voltar ás aulas. Foi un día cargado de nervios pero emocionante. Ter de novo a posibilidade de estar cos nosos compañeiros e profes é motivo de alegría.

Comezamos a mañá falando un pouco desta "nova normalidade", das nosas inquietudes, etc... Despois puidemos desfrutar dun longo recreo aproveitando o bo tempo.





Finalmente, fixemos unha pequena actividade que consistía en pensar no noso recordo favorito deste último medio ano e plasmar ese recordo tanto en imaxes como en palabras. Unha vez rematado tivemos a oportunidade de compartilo cos nosos compañeiros.