Páginas

viernes, 11 de diciembre de 2020

INVENTOS ELÉCTRICOS

Estos días estivemos dedicándonos a investigar sobre algúns dos inventos eléctricos máis importantes da historia; o pararraios, a bombilla eléctrica, a pila, internet e os vehículos eléctricos.

Por equipos investigamos un pouco en que consisten esos inventos, quen ou quenes foron os seus inventores e que beneficios tivo para a sociedade.

Toda a información recopilada organizámola nun póster que creamos en Canva, unha ferramenta de deseño.

Finalmente cada equipo saiu a explicar aos demáis compañeiros o que investigamos















lunes, 7 de diciembre de 2020

MATERIAIS CONDUTORES E ILLANTES

Agora que xa sabemos que é a electricidade e como funciona, estivemos aprendendo sobre os materiais condutores e illantes. 

Nos circuitos que fixemos nós estivemos probando con distintos materiais cales conducen a electicidade e cales non.

Gustounos moito poder experimentar libremente cos nosos circuitos.








martes, 1 de diciembre de 2020

PÁXINA WEB

Como xa sabedes, o produto final do noso proxecto  é a creación dunha páxina web na que plasmar as cousas que imos aprendendo.

Hoxe xa a podemos inaugurar oficialmente, esperamos que vos guste e que gracias a ela poidades aprender un pouco máis sobre o mundo que nos rodea.

Deixámovos o enlace da web Con-Ciencia