Páginas

sábado, 30 de enero de 2021

DÍA DA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Hoxe é o Día Escolar da Paz e da Non Violencia e é por iso que ao longo da semana estivemos traballando sobre isto dunha maneira máis profunda, xa que este é un tema que nos acompaña durante todo o ano.

Comezamos reflexionando sobre o que é a violencia, que tipos e violencia hai, etc... A continuación deseñamos un "virus" que está presente continuamente na Terra, o da violencia, e nomeámolo Destructor Terribilis. Debuxamos ese virus nun papel continuo e despois fumos debuxando diferentes formas de violencia. Despois creamos un "muro de contención" de estos signos de violencia cumhas tiritas e finalmente creamos unha vacuna para este virus cuns ingredientes moi especiais; bondade, amor, liberdade, tolerancia, empatía, etc...





miércoles, 27 de enero de 2021

OS REINOS DOS SERES VIVOS

Este trimestre en Ciencias Naturais imos  aprender todo o relacionado cos seres vivos. Despois de aprender sobre a célula, as función vitais, etc... rematamos a nosa paisaxe de aprendizaxe coa clasificación dos seres vivos.

Para aprendelo dunha maneira máis lúdica e visual, por equipos creamos diferentes pósters que resumían os cinco reinos dos seres vivos. A verdade e que as ferramentas dixitais axúdannos moito a estar motivados e de paso a levar a cabo diferentes técnicas de estudio coma o resumo, a creación de mapas visuais e conceptuais, etc... 





lunes, 25 de enero de 2021

PRODUTO FINAL PRIMEIRO PROXECTO

Como sabedes, o produto final do proxeto do primeiro trimestre, Con-Ciencia, era a elaboración dunha páxina web. Pois ben, despois de facerlle uns pequenos retoques xa está lista para que a poidades ver.

Deixámosvos aquí o enlace, esperamos que vos guste. 



lunes, 18 de enero de 2021

A CAPA E ESPADA

 Hoxe comezamos un novo proxecto, "A capa e espada". Foi un día moi intenso xa que comezamos emocionados vendo a nova decoración.







Despois, na biblioteca, escoitamos un capítulo de Don Quixote da Mancha no que se nos falaba de cabaleiros, realeza, estandartes, etc...





Tras rematar a historia de Don Quixote cada equipo deseñou o seu propio estandarte para colgar na clase.






Finalmente realizamos a metacognición inicial e o plan de equipo.




martes, 12 de enero de 2021

A CÉLULA

 En ciencias naturais estamos traballando os seres vivos, e máis concretamente estivemos aprendendo sobre a célula; tipos de células, as súas partes, etc...

Para comprender mellor como é unha célula recreámolas por equipos con plastilina. Despois ensinámolas ao resto da clase e explicamos o aprendido coas nosas palabras.

Deixámosvos unhas imaxes do proceso e do resultado.