Despois de semanas de traballo, de moito esforzo e ilusión pola nosa parte chegou o día das eleccións! A mesa electoral foi constituída por compañeiros doutros cursos, e un representante de cada partido estivo presente en todo momento como apoderados para asegurarnos de que a xornada iba segundo o previsto. Pouco a pouco, todos exercemos o noso dereito ao voto; alumnos, mestres e personal non docente.
Unha vez rematadas as votacións procedemos ao reconto de votos, para o que se contou de novo coa presencia dos apoderados. Finalmente, obtivemos un partido gañador, ESTUDIANTES EN ACCIÓN! Parabéns!!
Temos que dicir que absolutamente todos estamos moi orgullosos do noso traballo e da nosa implicación nestas eleccións. Foi sen dúbida unha experiencia moi enriquecedora e na que aprendemos mogollón.