Páginas

miércoles, 31 de mayo de 2023

O noso proxecto chega ó final

 Coa tarefa 4 poñemos o broche final ao noso proxecto sobre os seres vivos e convertímonos nuns auténticos expertos na natureza e todo o que nos rodea. 

Durante esta tarefa traballamos en profundidade os ecosistemas: Os tipos, como inflúen neles os diferentes factores, como se relacionan e nutren os animais que os habitan... O que nos deu pé a seguir traballando de xeito transversal todo o que vimos no proxecto, e a capacidade de plasmar aquelo que aprendimos.

Queres saber algo máis sobre seres vivos? Non teñas medo a preguntarnos ou a visitar a nosa web!








viernes, 26 de mayo de 2023

Fermosas e únicas como folerpas.

 Hoxe rematamos unha das actividades propostas na Escola do Benquerer. Esta actividade consiste en indagar un pouco más en nós mesmos e favorecer o autocoñecemento e autoconcepto. Para isto, cada un de nós escribiu nun folio características físicas da personalidade que lles fai especiais e únicos. 

Posteriormente, tras lelos en alto entre todos, o resto de alumnos aportaba datos positivos sobre o seu compañeiro para engadilo á lista, xa que os demáis poden influir tanto de forma positiva como negativa no noso autoconcepto.

Para finalizar, realizamos unha manualidade e convertemos a nosa descripción nunha folerpa, cada unha diferente, que representa o belos e únicos que somos tanto por dentro como por fóra. 











miércoles, 24 de mayo de 2023

Flipped classroom e Gamificación

Sabedes como funciona un "Flipped Classroom"? Hoxe a nosa alumna Martina tivo a oportunidade de ser a profesora durante uns minutos da sesión, na que nos explicou cando as palabras escríbense con 'cc' e 'ct' ou 'c' e 't'. O flipped classroom é unha metodoloxía na que o propio alumno é o encargado de investigar os contidos para poder explicalos posteriormente aos seus compañeiros. Por que é útil este método? Ademáis do incremento da motivación por parte dela e dos seus compañeiros, este aprendizaxe é moito máis significativo ca o habitual xa que é ela que constrúe o seu propio coñecemento a través da investigación, e por outra parte, promove unha mellor asimilación xa que ten que comprendelo ben para ser capaz de explicalo.

Martina foi a elexida, por que? Gracias a MyClassGame. Esta é a plataforma a través da cal gamificamos a clase, na que os alumnos teñen os seus propios avatares deseñados por eles e reciben puntos e experiencia a través dos seus bos comportamentos dentro e fóra do aula, que posteriormente poderán trocar por premios coma este.

Moitas grazas pola túa clase Martina! 









lunes, 22 de mayo de 2023

C. B. Obradoiro e Día das Letras Galegas

 O pasado martes tivemos a oportunidade de compartir co C.B. Obradoiro e cun montón de colexios máis unhas xornadas adicadas ao deporte e a celebración do día das Letras Galegas. Durante esta celebración fixemos diferentes actividades: Unha competición de K.O. entre alumnos e xogadores profesionais, un concurso de preguntas acerca da historia das Letras Galegas e os seus autores... 

Desfrutamos dunha mañá divertidísima na que ademáis, nos agasallaron cuns diplomas e cunhas invitacións para o seguinte partido. Tamén tivemos a oportunidade de que Moncho, o adestrador do clube, asinase as nosas bufandas a gorras do equipo.

Moitas grazas pola invitación! Esperamos volver a vernos pronto!











lunes, 15 de mayo de 2023

Conmemoramos as Letras Galegas

Como todos os anos nestas datas chega o momento de festexar una día moi importante para a nosa cultura: o día das Letras Galegas. Esta ano o artista conmemorado será Franciso Fernández del Riego. Hoxe tivemos a oportunidade de investigar un pouco sobre este autor e así averiguar cales son os motivos que o fan digno do galardón.

Ademáis de averiguar algo sobre as súas profesións e a súa historia, esta é unha boa oportunidade para coñecer algo máis sobre a Editorial Galaxia e o Grupo Nós, dous eixos fundamentais para a promoción da lingua e a literatura galega. 








Día da familia en Casa do Neno

Hoxe celebramos en Casa do Neno o día da familia. Unha gran oportunidade para celebrar a importancia que ten a familia nas nosas vidas, o papel que xoga na nosa educación e na formación dos nosos valores, todo o que lle temos que agradecer e todo aquelo que fan por nós.

Ademáis de celebrar todo o que mencionamos, esta celebración danos a oportunidade de celebrar a diversidade e aprender acerca de todo o tipos de familias que existen na actualidade: monoparentais, reconstituídas, de acollida... 

Para celebralo aproveitamos o "esperta" desta mañá para poder reflexionar acerca da importancia que esta xoga na nosa vida, e posteriormente fixemos unha pequena escritura na que agradecemos á nosa familia todo o que fan por nós e cales son as súas virtudes. Esperamos que vos gusten!

martes, 9 de mayo de 2023

As funcións vitais das plantas

Como seres vivos que son, as plantas tamén realizan as 3 funcións vitais. Nesta tarefa estudiaremos en profundidade as prantas: tipos, partes, reprodución, proceso de nutrición... Hoxe centrámonos no proceso de nutrición, dende como absorben o zume bruto ata o proceso de redistribución do zume elaborado grazas á fotosíntese. 

Ademáis, chegados a este punto do proxecto é o momento de recapacitar acerca dos contidos aprendidos e o noso traballo durante este proxecto, polo que comezamos a realizar a metacognición intermedia