Este ano, polas Letras Galegas, a homenaxeada é Xela Arias. Profesora, tradutora e escritora.
Empezou dende moi nova a escribir e a recibir premios e ao longo da súa vida adulta traballou para a editorial Xerais na tradución de libros de Cervantes, Gianni Rodari ou Donald Dahl.
Tamén publicou as súas porpias obras, unha delas adicada ao seu fillo Darío, ao nacer este.
E todo isto o puidemos aprender a través dun xogo, con Genially, no que tiñamos que estar atentos a pequenas lecturas das obras de Xela e tamén a algúns audios para, despois, contestar ben ás preguntas que nos axudaban a levar a bo término o xogo.