Páginas

miércoles, 6 de marzo de 2024

Imos ao teatro

Os alumnos de 5º e 6º de Primaria gozamos hoxe no Teatro Principal dunha obra de teatro, "Wombo Combo". Foi unha interesante oportunidade para divertirse e á vez reflexionar sobre o papel da tecnoloxía e as redes sociais nas nosas vidas.

Sara, a protagonista, odia a súa vida, ou polo menos a que chaman a súa vida real. Nesa vida real non lle vai nada ben: non ten case amigas e moito menos amigos, búrlanse do seu aspecto, non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre. Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría.

Pero Sara ten outra vida, na que xoga en liña con ducias de persoas, e ten éxito, e é imbatible nas loitas. Sara pasa cada vez máis tempo nesa vida virtual e menos na vida real. Deixa de falar, de comer, de durmir.
Ata que entra nun videoxogo novo: “Revamp”, onde unha misteriosa voz en off lle vai propoñendo retos que debe cumprir na vida real se non quere sufrir as consecuencias.

A partir dese momento, Sara toma consciencia de que non é posible unha vida sen a outra, e que as experiencias principais da existencia ocorren na vida real.