Páginas

lunes, 8 de abril de 2024

Novo proxecto: "Nun país multicolor"

Novo proxecto, momento para renovar a ilusión e as ganas de traballar e aprender. Novos retos por diante... novos compañeiros para o traballo en equipo... novas tarefas para desenvolver...

E neste caso imos facer unha viaxe por todos os recunchos cheos de vida que hai no noso planeta, achegándonos aos seres vivos e a todos os seus marabillosos segredos.

Descubrir esa contorna multicolor chea de vida na que nos movemos é o gran desafío deste proxecto. E comezámolo hoxe visitando o museo de historia natural que hai en Secundaria e que nos ensinou Fernando, un dos profesores dos maiores.