Hoxe estivemos aprendendo cousas moi interesantes sobre a Lúa. Aprendemos sobre os seus movementos, os eclipses, etc... E como nos gusta moito facer cousas coas nosas propias mans, representamos as fases da Lúa nunha cartolina con galletas.
martes, 20 de octubre de 2020
viernes, 16 de octubre de 2020
CREANDO UNHA PÁXINA WEB
Hoxe estivemos traballando no diseño dunha páxina web. Cada equipo fixo o seu diseño e despois levámolo a votación para elixir a que máis nos gustaba e quedar cun único diseño.
Nesta páxina web iremos subindo contidos en diferentes soportes para mostrarvos todo o que imos traballando no noso proxecto e que calquera teña a oportunidade de aprender sobre ciencia e sostibilidade.
Nos próximos días poñerémola a punto e xa vos avisaremos para que a poidades ver.
viernes, 9 de octubre de 2020
AS PROPIEDADES DA MATERIA
Imos avanzando no noso proxecto e hoxe estivemos aprendendo dunha maneira experiencial cales son algunhas das propiedades da materia, como a opacidade, a flotabilidade, a tenacidade, etc... Para iso traballamos con distintos obxectos compostos por diferentes materiais e fumos comprobando algunhas das súas características.
A verdade e que podendo ver e podendo facer aprendemos moitísimo mellor.
martes, 6 de octubre de 2020
OS MOVEMENTOS DA TERRA
Continuamos traballando na nosa paisaxe de aprendizaxe, aprendendo sobre os movementos do noso planeta; a rotación e a traslación. Coma sempre a mellor maneira de aprender é de forma manipulativa e é por iso que hoxe fixemos unha sinxela manualidade que representa estes movementos.
miércoles, 30 de septiembre de 2020
MOVÉMONOS SEGUROS POLA ESCOLA
Ao longo de este curso tócanos traballar de maneira diferente á que estamos acostumados e con novas normas para todos os que formamos a comunidade educativa.
Estas novas normas quixemos presentalas con cartelería atractiva para que pouquiño a pouco os nosos rapaces as vaian interiorizando.
lunes, 28 de septiembre de 2020
CON-CIENCIA
Hoxe foi un día moi especial, xa que comezamos un novo proyecto: CON-CIENCIA. Nel traballaremos distintos aspectos sobre a materia e a enerxía, apostando sempre pola sostenibilidade.
Como desafío fixemos un experimento que consistía en prender unha bombilla cun par de patacas. A continuación plasmamos as nosas impresións na rutina de pensamento "antes pensaba - agora penso", reflexionando sobre o que acababa de acontecer.
Por último traballamos na metacognición inicial, reflexionando sobre o que sabíamos sobre o proxecto, que queremos saber, como nos sentimos, etc... e elaboramos o plan de equipo, porque a pesar de que coa nova normalidade non poderemos traballar en cooperativo como víñamos facendo, toca reinventarse e traballar en equipo doutra maneira aproveitando as novas tecnoloxías.
jueves, 24 de septiembre de 2020
PAISAXE DE APRENDIZAXE
En Ciencias Sociais comezamos unha nova unidade didáctica sobre o universo. Pero fixémolo dunha maneira diferente, cun método distinto; as PAISAXES DE APRENDIZAXE. Trátase dunha forma diferente de programar os contidos a traballar, tendo en conta as Intelixencias Múltiples e a Taxonomía de Bloom.
Deste xeito, preséntase aos nenos un percorrido cunha serie de actividades de diferente tipo, tendo en conta o antes mencionado, e son eles mesmos os que deciden que percorrido realizar no seu proceso de aprendizaxe.