Páginas

jueves, 24 de septiembre de 2020

PAISAXE DE APRENDIZAXE

En Ciencias Sociais comezamos unha nova unidade didáctica sobre o universo. Pero fixémolo dunha maneira diferente, cun método distinto; as PAISAXES DE APRENDIZAXE. Trátase dunha forma diferente de programar os contidos a traballar, tendo en conta as Intelixencias Múltiples e a Taxonomía de Bloom.

Deste xeito, preséntase aos nenos un percorrido cunha serie de actividades de diferente tipo, tendo en conta o antes mencionado, e son eles mesmos os que deciden que percorrido realizar no seu proceso de aprendizaxe.

Ademáis teremos un carné no que iremos obtendo diferentes selos segundo vaiamos completando as actividades e,  aqueles que consigamos facelas todas conseguiremos un pequeno agasallo ao final da unidade. Polo de agora fixemos a rutina de pensamento "vexo, penso, pregúntome" mentras mirábamos atentamente unhas imaxes sobre o universo.

Estamos desexando continuar coa nosa paisaxe!