Páginas

lunes, 15 de mayo de 2023

Día da familia en Casa do Neno

Hoxe celebramos en Casa do Neno o día da familia. Unha gran oportunidade para celebrar a importancia que ten a familia nas nosas vidas, o papel que xoga na nosa educación e na formación dos nosos valores, todo o que lle temos que agradecer e todo aquelo que fan por nós.

Ademáis de celebrar todo o que mencionamos, esta celebración danos a oportunidade de celebrar a diversidade e aprender acerca de todo o tipos de familias que existen na actualidade: monoparentais, reconstituídas, de acollida... 

Para celebralo aproveitamos o "esperta" desta mañá para poder reflexionar acerca da importancia que esta xoga na nosa vida, e posteriormente fixemos unha pequena escritura na que agradecemos á nosa familia todo o que fan por nós e cales son as súas virtudes. Esperamos que vos gusten!