Páginas

viernes, 26 de mayo de 2023

Fermosas e únicas como folerpas.

 Hoxe rematamos unha das actividades propostas na Escola do Benquerer. Esta actividade consiste en indagar un pouco más en nós mesmos e favorecer o autocoñecemento e autoconcepto. Para isto, cada un de nós escribiu nun folio características físicas da personalidade que lles fai especiais e únicos. 

Posteriormente, tras lelos en alto entre todos, o resto de alumnos aportaba datos positivos sobre o seu compañeiro para engadilo á lista, xa que os demáis poden influir tanto de forma positiva como negativa no noso autoconcepto.

Para finalizar, realizamos unha manualidade e convertemos a nosa descripción nunha folerpa, cada unha diferente, que representa o belos e únicos que somos tanto por dentro como por fóra.