Páginas

miércoles, 24 de mayo de 2023

Flipped classroom e Gamificación

Sabedes como funciona un "Flipped Classroom"? Hoxe a nosa alumna Martina tivo a oportunidade de ser a profesora durante uns minutos da sesión, na que nos explicou cando as palabras escríbense con 'cc' e 'ct' ou 'c' e 't'. O flipped classroom é unha metodoloxía na que o propio alumno é o encargado de investigar os contidos para poder explicalos posteriormente aos seus compañeiros. Por que é útil este método? Ademáis do incremento da motivación por parte dela e dos seus compañeiros, este aprendizaxe é moito máis significativo ca o habitual xa que é ela que constrúe o seu propio coñecemento a través da investigación, e por outra parte, promove unha mellor asimilación xa que ten que comprendelo ben para ser capaz de explicalo.

Martina foi a elexida, por que? Gracias a MyClassGame. Esta é a plataforma a través da cal gamificamos a clase, na que os alumnos teñen os seus propios avatares deseñados por eles e reciben puntos e experiencia a través dos seus bos comportamentos dentro e fóra do aula, que posteriormente poderán trocar por premios coma este.

Moitas grazas pola túa clase Martina!