martes, 15 de septiembre de 2020

RETOMAMOS A ROBÓTICA

 Pouco a pouco imos retomando todo o relacionado co escolar. Hoxe retomamos un proxecto de robótica que tiñamos pendiente do curso pasado. Estamos a facer eirugas! Unha vez que rematemos a montaxe poderemos comezar a programar. 








viernes, 11 de septiembre de 2020

COMEZO DUN NOVO CURSO

 Hoxe, despois de moitos meses, por fin puidemos voltar ás aulas. Foi un día cargado de nervios pero emocionante. Ter de novo a posibilidade de estar cos nosos compañeiros e profes é motivo de alegría.

Comezamos a mañá falando un pouco desta "nova normalidade", das nosas inquietudes, etc... Despois puidemos desfrutar dun longo recreo aproveitando o bo tempo.





Finalmente, fixemos unha pequena actividade que consistía en pensar no noso recordo favorito deste último medio ano e plasmar ese recordo tanto en imaxes como en palabras. Unha vez rematado tivemos a oportunidade de compartilo cos nosos compañeiros.