Páginas

lunes, 29 de noviembre de 2021

MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS

O mes de novembro celebramos o mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, e nós tivemos a sorte de celebralo coa visita de Yolanda, nai dunha compañeira nosa, que nos preparou unha actividade científica moi divertida.

Gracias a ela aprendemos a extraer o ADN dun plátano. Estivemos moi atentos e desfrutamos moito con esta experiencia.





Moitas gracias Yolanda!!!


jueves, 25 de noviembre de 2021

25N

Hoxe celebramos o 25N reflexionando sobre o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Falamos de aspectos como a igualdade, os estereotipos... pero tamén compartimos experiencias vividas relacionadas con estos aspectos. Chegamos á conclusión de que queda moito camiño por percorrer pero estamos convencidos que entre todos poderemos chegar a esa igualdade






miércoles, 24 de noviembre de 2021

CONCURSO DE ATAQUES

Continuamos avanzando en nuestras sesiones de ajedrez y cada vez aprendemos cosas más complejas y que requieren de toda nuestra concentración y atención.

Esta semana, por parejas, hemos realizado ¡un concurso de ataques! A raíz de unos tableros con unas jugadas marcadas, debíamos competir contra otra pareja marcando cuál pensábamos que era la mejor jugada posible en cada uno de los tableros. La verdad es que nos lo hemos tomado muy en serio, y gracias a eso el concurso ha ido fenomenal ya que muchas de las parejas hemos empatado al haber marcado ambas la mejor jugada posible.






lunes, 22 de noviembre de 2021

DÍA DO PIXAMA

O venres, para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos do Neno celebramos o Día do Pixama. Por que esta celebración? Pois porque o pixama simboliza o momento de intimidade familiar no que os nenos se senten protexidos, arroupados e queridos. Por desgraza hai moitos nenos que non poden ter a sorte de ter unha familia e vivir nun fogar con eles.

Ao longo do día recibimos diversas visitias. Primeiro viñeron Manuel e Cristina, que traballan na fundación IGAXES que traballan para que todos os nenos e nenas teñan dereito a unha protección e a vivir nun espazo adecuado para o seu desenvolvemento. Contáronnos que é iso de centros de acollida, que son os educadores sociais e como é o día a día dos nenos que viven nestes centros (que son vidas igualiñas ás nosas). 



Ademais Manuel e Cristina trouxéronnos un pequeno agasallo, moitas grazas!

Pola tarde viñeron Ana e Antonio, unha parella que leva máis de 20 anos acollendo nenos e nenas na súa casa. Contáronnos a súa exeriencia e contestaron todas as nosas dúbidas. Que ben que haxa xente coma eles que están dispostos a dar tanto amor a tantos nenos.

Foi sen dúbida un día cheo de emocións!!

                                        

miércoles, 17 de noviembre de 2021

RUTINAS DE PENSAMENTO

No noso porfolio do proxecto incluímos moitas rutinas de pensamento. Estas rutinas permítennos usar a nosa mente para xerar pensamentos, razoar e refelxionar sobre algo.

Hoxe, estivemos a aprender sobre a Alta Idade Media e a Baixa Idade Media e que era iso do feudalismo. Para afianzar estos conceptos fixemos un "Compara e Contrasta".




martes, 9 de noviembre de 2021

ROBÓTICA

Hoxe por fin comezamos o noso proxecto de robótica, que consistirá na creación dunha ponte levadiza. Este tema está ligado ao que estamos a ver no noso proxecto, En Babia, xa que na Idade Media as portas dos castelos tiñan un sistema similar ás pontes levadizas actuais.

Para comezar vimos un pequeno vídeo introductorio sobre as pontes levadizas, no que aprendemos sobre a súa historia, os diferentes sistemas, materiais, etc...



Despois estivemos a resolver diferentes cuestións que se nos plantexaban. Fixemos tamén un mapa mental sobre as pontes levadizas, e para rematar autoavaliamos os nosos mapas mentais cunha rúbrica.





Agora xa estamos totalmente preparados para comezar a construír o noso robot!