Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta RutinasDePensamento. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RutinasDePensamento. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de mayo de 2022

PARLAMENTO DE GALICIA

Aproveitando que comezamos tarefa nova do noso proxecto  na que trataremos diferentes aspectos da organización política do noso país, onte fumos de visita ao Parlamento de Galicia.

Aprendemos sobre as funcións, a organización e a historia da instituión da man de Adriana, a nosa guía. Puidemos ver o Salón dos Reis e incluso o hemicilo, onde puidemos simular un breve debate sobre unha proposta de lei, con votación incluida! Sen dúbida, unha visita do máis enriquecedora.











Ademáis, durante a visita tivemos a sorte de toparnos co Presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira.


Ao chegar a clase, fixemos a rutina de pensamento "cor, símbolo, imaxe" para resumir o vivido no día de onte




martes, 29 de marzo de 2022

ENERXÍAS RENOVABLES

Como xa sabedes, estamos a aprender sobre enerxía a través de diferentes actividades. Hoxe, no noso porfolio comezamos unha nova rutina de pensamento "3-2-1 ponte". Comezamos escribindo 3 ideas, 2 preguntas e 1 imaxe sobre as enerxías renovables a raíz dos nosos coñecementos e inquietudes.

Despois, tivemos a sorte de poder facer unha videochamada con Alba, unha enxeñeira experta en enerxías renovables. Explicounos como funciona cada unha delas, como se logran aproveitar estas fontes para obter enerxía eléctrica ou térmica, cales son as súas vantaxes e desvantaxes... En definitiva, aprendemos un lote de cousas interesantísimas!!!



Ao rematar a videochamada, cubrimos de novo na nosa plantilla a segunda parte do "3-2-1 ponte", donde volvemos a reflexionar sobre 3 ideas, 2 preguntas e 1 imaxe. Vimos como evolucionou a nosa aprendizaxe con respecto as enerxías renovables porque as nosas ideas cambiaron e as nosas inquietudes son diferentes e máis "profundas".





viernes, 25 de marzo de 2022

COMPARA E CONTRASTA

No proxecto estamos aprendendo sobre as enerxías renovables e non renovables. Fai uns días fixemos unha rutina de pensamento chamada "compara e contrasta", na que tivemos que concentrarnos moito para comparar ambas fontes de enerxía.









jueves, 10 de marzo de 2022

METACOGNICIÓN INTERMEDIA

Hai un par de semanas chegamos á metade do noso proxecto e coma sempre, fixemos unha pequena parada para facer a metacognición intermedia.  Esta metacognición consiste en reflexionar sobre o que levamos aprendido ata o momento e como o estamos aprendendo. É un momento crucial para nós, xa que nos axuda a ver que camiño tomar para seguir mellorando, tanto académicamente, como no traballo en equipo ou competencialmente.









lunes, 17 de enero de 2022

GOT SCIENCE

Hoxe comezamos novo proxecto!! GOT SCIENCE. Estamos moi emocionados e foi un día moi intenso pero produtivo.

Coma sempre, cando chegamos todo estaba decorado. 







Comezamos facendo unha rutina de pensamento, vexo - penso - pregúntome mentras observábamos o que tiñamos na mesa. 



A continuación, realizamos un experimento que consistía en separar o Osíxeno da agua osixenada gracias a unha pataca. Resulta que a pataca ten unha enzima chamada "catalasa", que é un potente antioxiadante. Ao mezclar a pataca coa auga osixenada o que fai esta encima é separar a auga do osíxeno.




Tras rematar o experimento relaizamos unha crítica do desafío inicial, expresando libremente a nosa opinión sobre a actividade e propoñendo melloras ou cambios.

Despois chegou o turno de facer a metacognición inicial, un momento crucial neste inicio de proxecto donde reflexionamos sobre o que sabemos sobre o tema, pero tamén reflexionamos sobre temas do noso proceso de aprendizaxe como por exemplo que podemos aportar ao noso grupo, por que é importante aprender, etc...

Por último chega o momento do Plan de Equipo, outra parte fundamental na que os membros dos equipos deben establecer a nome, logo e  os compromisos que os acompañarán ao longo do proxecto.



miércoles, 17 de noviembre de 2021

RUTINAS DE PENSAMENTO

No noso porfolio do proxecto incluímos moitas rutinas de pensamento. Estas rutinas permítennos usar a nosa mente para xerar pensamentos, razoar e refelxionar sobre algo.

Hoxe, estivemos a aprender sobre a Alta Idade Media e a Baixa Idade Media e que era iso do feudalismo. Para afianzar estos conceptos fixemos un "Compara e Contrasta".




miércoles, 13 de octubre de 2021

EN BABIA

Hoxe foi un día moi especial porque... COMEZARON OS PROXECTOS!!

"En Babia" é o nome do noso primeiro proxecto de este curso, no que vixaremos ás Idades Media e Moderna na península Ibérica.







Coma sempre, comezamos polo desafío inicial, que consistiu nun Escape Room no que tiñamos que resolver 6 probas para lograr saír da clase e así atopar polos pasillos imaxes de diferentes reinos que existiron nas épocas que imos traballar.








Despois vimos o noso novo porfolio, que este ano será un pouco diferente para poder ter máis marxe á hora de facer as nosas actividades, rutinas e avaliacións.  Continuamos facendo un comentario crítico sobre o desafío inicial, o plan de equipo e a metacognición inicial. 





Pasámolo xenial e estamos todos moi emocionado co comezo deste novo proxecto.