Páginas

lunes, 21 de noviembre de 2022

Un venres cheo de festexos!

 Este venres pasaron un montón de cousas no noso cole. En primeiro lugar puidemos celebrar o Dia Internacional dos Dereitos da Infancia, sobre os que estivemos reflexionando durante toda a semana: O dereito a ser querido, o dereito a un fogar, o dereito a unha familia... Como símbolo de arroupamento todos os que formamos parte do cole viñemos ese día vestidos en pixama! 




Pasamos un gran día xa que ademáis, tamén festexamos o Magosto! Durante as clases da tarde puidemos desfrutar dun festín de castañas que estaban boísimas e rematamos cunhas actividades nas que coñecimos diferentes xogos tradicionais galegos como a raiola, a rá, a chave ou as chapas. Foi unha xornada na que nos fartamos a rir, a bailar, a xogar, a comer... e sobretodo a desfrutar! 






















lunes, 14 de noviembre de 2022

Facemos de bloggers! - Amaro Vilela Martínez

A nova iniciativa que levamos adiante na clase de lingua galega involúcranos de forma directa no blog. Cada un dos nosos alumnos será encargado de realizar unha publicación de forma semanal no blog de 5º, no que falaremos das diferentes cousas que facemos no aula, os contidos, as actividades, un resumo xeral ou aquelo que máis nos guste. A nosa primeira publicación chega de man de Amaro, que fixo un resumo das actividades que realizamos durante a semana pasada, aquí vola deixamos:

Na clase de matemáticas aprendimos as divisións  de dúas cifras. En inglés realizamos unha carta estructurada, onde a temática era a familia. ademáis presentámonos ante o profe novo, Carlos, que substitúe a Noelia que está de baixa porque vai ter un bebé.

Nunha das rutinas de esperta" estivemos falando de cómo eran fai anos os colexios.  Juan, o noso titor de quinto de primaria, ensinóunos unha canción moi chula cun vídeo  no que  as imaxes que aparecían  facían  unha metáfora de cómo eran antigamente..


Na asignatura de  galego lemos  todos un Elevator Pitch, que tivemos que facer antes nas nosas casas. As temáticas eran: a miña cidade, o meu deporte favorito e o meu mellor amigo. Esta actividad a fixemos na biblioteca.


Por último, viñeron ao o colexio unhas rapazas  para explicarnos a todos  que é o consumo, os tipos de consumo, etc. O  final fixemos unha  actividade de manualidades no que tivemos que decorar dun boneco de neve de papel



Amaro Vilela Martínez


Xadrez no aula!

 Seguimos co noso programa de Xadrez no aula un día máis. Como xa somos uns xogadores expertos hoxe aproveitamos para repasar os movementos de coronación e a captura ó paso. Despois disto e con estes movementos puidemos resolver o enigma proposto por Sherlock Chess. 

Para finalizar a sesión e afianzar contidos realizamos unha partida por grupos no que só dispoñíamos de peóns e do Rei. 








sábado, 12 de noviembre de 2022

Concurso de Relatos Orais

 Durante esta semana de curso o alumnado de 5º tivemos a oportunidade de presentarnos de forma voluntaria a un concurso a nivel autonómico sobre relatos orais en lingua galega, onde se valoran aspectos como a fluidez lectora, a correcta entoación do texto e a claridade á hora de expoñelo entroutros. 

Ademáis da nosa confianza e habilidades comunicativas esta actividade tamén nos serve para afianzar contidos do curso, xa que entre os diferentes relatos que contamos podemos atopar poesías moi bonitas, lendas tradicionais da nosa terra e incluso fábulas ou tradicións que os nosos avós compartiron connosco.

Esperamos que disfrutedes dos videos que vos deixamos a continuación!




















jueves, 10 de noviembre de 2022

Obradoiro sobre o consumo

 Aproveitando a chegada do nadal, hoxe os alumnos de Casa do Neno tivemos o pracer de disfrutar dun obradoiro sobre consumo impartido pola Escola Galega do Consumo. Durante ela aprendimos sobre as diferentes etiquetas que teñen os produtos e todos os controis de calidade e seguridade polos que pasan antes de poder entrar ó mercado.

Aproveitamos para reflexionar sobre como a publicidade inflúe na nosa necesidade de adquirir produtos, analizando se os precisamos realmente ou só os queremos por que o vimos anunciado ou vemos que algún compañeiro o ten. 

Para finalizar, puidemos fabricar o noso propio adorno de Nadal coa etiquetaxe correspondente que seguro quedará precioso nos nosos árboles nas próximas datas sinaladas!












miércoles, 2 de noviembre de 2022

¡Preparamos a nosa propia excursión!

 Hoxe tocounos poñernos na pel dos profes... Coa chegada da tarefa 2 do porfolio e as actividades relacionadas coa xeografía en España cada un dos equipos que formamos na clase tivemos que organizar unha excursión para un lugar de interese natural, cultural ou histórico de todo o noso territorio nacional. 

Non só teremos que buscar un lugar que nos guste, se non que teremos que xustificar o motivo da viaxe, desglosar as actividades que imos realizar e calcular un orzamento para todos os alumnos que queramos ir... 

Finalmente deseñaremos un "flyer" co que intentaremos vender a nosa proposta de excursión aos nosos compañeiros, xa que a máis votada será presentada ao equipo directivo a través da representante da aula para que estuden a viabilidade da nosa proposta.







martes, 1 de noviembre de 2022

Lapbook Sistema Solar

En plástica hemos estado haciendo durante un par de sesiones un precioso lapbook

Un lapbook es una práctica muy didáctica de plástica que nos sirve para repasar los contenidos del proyecto y aprender más.

Además, con este lapbook haremos increíbles exposiciones en el aula.

La última clase nos pilló, ¡disfrazados de Halloween! Y así de terroríficos lucimos..

¡Buen trabajo!