Páginas

viernes, 28 de abril de 2023

Aprendizaxe cooperativo - Folio xiratorio

 Hoxe na clase de galego tivemos a oportunidade de mesturar un feixe de actividades diferentes: O folio xiratorio, unha actividade de aprendizaxe colaborativo; a escritura creativa, deixando libre a nosa capacidade de imaxinació; e os contidos do porfolio. 

Nesta actividade fumos creando unha historia por turnos, na que cada un dos membros do equipo tiña un tempo para crear unha parte da historia. Cando o tempo remata, o folio pasará ao seguinte integrante do grupo que, noutra cor de bolígrafo, será encargado de continuar a historia. 








miércoles, 26 de abril de 2023

Dende células e os reinos da natureza ata os reinos animais

Sabedes en cantos reinos podemos clasificar os seres vivos? Os alumnos de 5º estanse facendo uns expertos do campo: Autótrofos ou heterótrofos, unicelulares ou pluricelulares, eucariotas ou procariotas...

Despois de facer un montón de rutinas coma o antes pensaba agora penso, as partes e o todo, 3,2,1 ponte, compara e contrasta... e comezar o noso proceso de indagación dos seres vivos, chega o momento de ir un paso máis adiante. 

Hoxe comezamos a tarefa 2, que ten como eixo principal os animais. Como poden clasificarse? Podemos facelo en función da nutrición, da reprodución, da presencia ou non de esqueleto... Agárdannos un montón de rutinas novas coas que exprimir as nosas cabezas. 










miércoles, 12 de abril de 2023

Vive y deja vivir

 Sabedes de onde ven o nome do noso tópico? Seguro que os rapaces volo saben dicir. Hoxe damos comezo ao novo proxecto, que terá como eixo principal os seres vivos. Durante este aprenderemos un montón de cousas novas: Que características teñen os seres vivos, que funcións cumpren, como se clasifican, como é a súa vida e o medio no que viven, por que están compostos... 

Como sempre, comezamos o día coa nosa situación de aprendizaxe. En primeiro lugar saímos ó patio a escanear as árbores e prantas que temos ó noso arredor, dándonos información sobre eles, o seu nome científico e o estado no que se atopan. A continuación fixemos unha búsqueda de pistas por grupos polo patio, cada grupo tiña que atopar as pistas correspondetes á súa cor, e tras reunilas e recopilar toda a información que aparecían nelas tiñan que adivinar cal era o animal que se atopaba tras todas esas características e datos curiosos que había nas pistas.

Por último, ao chegar ó aula puidemos desfrutar dalgúns dos animais dos que falamos antes a través da realidade aumentada. A través dun dispositivo electrónico fixemos que eses animais estivesen no pupitre, puiden así observalos detalladamente e máis de cerca. 

Agárdanos un trimestre cheo de aventuras! Queres acompañarnos?