Páginas

lunes, 30 de enero de 2023

Semana de inmersión lingüística

 Comeza o novo reto de inmersión lingüística en 5º de primaria! Durante esta semana tentaremos sustituir o castelán polo galego coma a nosa lingua vehicular. Clases, actividades extraescolares, patio, casa... Os alumnos esforzaranse todo o posible para poder expresarse en lingua galega dunha forma axeitada, deste xeito gañaremos fluidez para poder expresarnos de forma máis correcta.

Ademáis de aprender e mellorar a nosa fluidez tamén servirá para ver a reacción que ten no noso entorno que comecemos a falar en galego. Chamaralles a atención? Falaran galego con nós? Seguirán falando en castelán? A ver que tal o levan! 


martes, 24 de enero de 2023

Benvidos ó Reino de 5º de primaria!

O novo trimestre comezou e da man deste chega o novo proxecto para estes meses. O tópico xenerativo  é "Como Pedro por su casa", sabedes de onde ven esta expresión ou que relación garda co noso proxecto? Invitámosvos a averigualo!

Este  proxecto tratará de historia, máis concretamente afondaremos na Idade Media, na Idade Moderna, o arte Románico e o arte Gótico, por iso ambientamos a nosa clase coma se fora un auténtico castelo medieval protexido polos caballeros máis nobres que existen... Os nosos queridos alumnos! 

Para dar pé ao proxecto como xa saberedes realizamos unha situación de aprendizaxe que consistíu nun "scape room" con diferentes probas para que o alumnado tratara de lograr escapar do noso castelo ao mesmo tempo que aprendíamos datos, curiosidades e datas significativas desta época. 


 

















Tras rematar a situación de aprendizaxe como xa saberedes chegaron as actividades propias da tarefa 0: A cŕitica á situación de aprendizaxe, os fíos conductores, a metacognición inicial, o plan de equipo... Cabe destacar que este trimestre incorporamos un novo formato para realizar plan de equipo moito máis elaborado, e contamos cuns invitados de luxo para que nos explicaran como funciona: Os alumnos de 6º de primaria!

Agardamos que este proxecto nos resolva todas as nosas inquietudes e dúbidas acerca da historia e que nos encha de coñecementos!






sábado, 21 de enero de 2023

Celebrando o que aprendemos

Con mucha ilusión y con muchas ganas, este jueves día 19, tuvimos la oportunidad de conmemorar todos juntos y con mucha ilusión nuestra celebración del aprendizaje. Fue un día lleno de emociones: orgullo, alegría, risas, algunos nervios... Una experiencia que no podría ser más enriquecedora, en la que los niños y niñas muestran con orgullo todo aquello en lo que han trabajado y en lo que se han esforzado durante este trimestre a las familias de la clase.

Desde el cole, pensamos que compartir este tipo de momentos entre la familia y el colegio son cosas que resultan muy significativas para los niños, que están encantados de presumir de esfuerzo y de conocimientos delante de sus seres queridos.

¡Os esperamos en la próxima!






viernes, 20 de enero de 2023

É o ser humano bo por natureza?

 Como xa saberedes, ao comezo das primeiras sesións da xornada adicamos uns minutos ao "Despierta", unha nova rutina que incorporamos este curso onde aproveitamos para reflexionar e charlar acerca dun tema proposto, xa sexa algun vídeo que vexamos, algunha canción, algun evento que tivera lugar tanto dentro como fóra do aula durante esta semana...


Este venres puidemos ver un vídeo de 2 psicologos infantís que estudan na conduta dun neno de 18 meses a existencia do altruísmo. É o ser humano bo por natureza? ou son estas condutas aprendidas na casa e na escola? Esta claro que o ambiente no que nos criamos e o indicador definitivo para fortalecer ou evadir este tipo de condutas pero... Que pasa cando o entorno aínda non influíu en nós?


Ademáis de falar do altruísmo tamén puidemos reflexionar sobre os experimentos, os códigos éticos de experimentar con nenos, o conductismo e os exemplos del no noso día a día...


Déixovos o vídeo a continuación por se queredes velo!




martes, 17 de enero de 2023

¡O noso produto final!

 Como xa sabedes ao final de cada proxecto chega o produto final. Unha actividade relacionada cos contidos do porfolio que no que se reflicten os coñecementos que aprendimos durante éste. Estivemos traballando duramente estas semanas para realizar... As nosas propias ONGS! 

Todas estas asociacións terán diferentes temáticas e obxectivos, como por exemplo erradicar a deforestación e a contaminación, achegar un desenvolvemento sustentable a aqueles lugares máis desfavorecidos, diminuir o impacto da nosa pegada exolóxica... ¡Se estades interesados en formar parte delas agardámosvos o xoves 19 na nosa celebración do aprendizaxe!


















sábado, 14 de enero de 2023

Mate Pastor y Mate del Loco

 Seguimos co noso programa de xadrez no aula. Durante a última sesión, ademáis da nomenclatura dos movementos das fichas puidemos practicar dúas xogadas históricas, o mate pastor e o mate do loco. Ambas xogadas se utilizan para facer jaque nas primeiras quendas da partida, unha para as brancas, e outra para as negras. Puidemos practicar tanto as xogadas coma as defensas, ¡menudo nivel teñen estes nenos!








jueves, 12 de enero de 2023

¡Feliz cumpleaños!

 ¡Esta semana tuvimos el cumpleaños de Antonio y de Martina! Disfrutamos de una riquísima tarta y unas chuches deliciosas entre todos. ¡11 años ya! ¡Que lo paséis muy bien!