En ciencias sociais estamos a aprender sobre o universo. Nunha das primeiras sesións completamos a rutina de pensamento "vexo, penso, pregúntome" a raíz dun vídeo que amosaba imaxes da inmensidade do universo.
Esta rutina axúdanos a observar ben os detalles das imaxes que estamos a visualizar, a pensar sobre elas, interpretalas e a facernos preguntas.