Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta Lingua Galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lingua Galega. Mostrar todas las entradas

miércoles, 5 de junio de 2024

Fortalecendo vínculos e habilidades

O intercambio postal é unha actividade divertida e educativa, coa que enriquecemos a experiencia educativa e contribuímos o enriquecemento persoal e social do noso alumnado.

Con actividades deste tipo, desenvolvemos as habilidades da escritura, aumentamos o interese pola lectura, pola escritura e melloramos as nosas habilidades sociais.

Este ano, decidimos levala a cabo con nenos e nenas do Colexio La Merced de "Sarria", aos que lles damos as grazas por colaborar con nós nesta actividade tan especial.

Desfrutamos moito facendo o quebracabezas do seu colexio! Na maioría dos casos, foi a primeira carta que recibimos, así que foi realmente emocionante!!
 
Moitas grazas amig@s de Sarria!!

Seguiremos en contacto!










miércoles, 6 de marzo de 2024

Imos ao teatro

Os alumnos de 5º e 6º de Primaria gozamos hoxe no Teatro Principal dunha obra de teatro, "Wombo Combo". Foi unha interesante oportunidade para divertirse e á vez reflexionar sobre o papel da tecnoloxía e as redes sociais nas nosas vidas.

Sara, a protagonista, odia a súa vida, ou polo menos a que chaman a súa vida real. Nesa vida real non lle vai nada ben: non ten case amigas e moito menos amigos, búrlanse do seu aspecto, non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre. Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría.

Pero Sara ten outra vida, na que xoga en liña con ducias de persoas, e ten éxito, e é imbatible nas loitas. Sara pasa cada vez máis tempo nesa vida virtual e menos na vida real. Deixa de falar, de comer, de durmir.
Ata que entra nun videoxogo novo: “Revamp”, onde unha misteriosa voz en off lle vai propoñendo retos que debe cumprir na vida real se non quere sufrir as consecuencias.

A partir dese momento, Sara toma consciencia de que non é posible unha vida sen a outra, e que as experiencias principais da existencia ocorren na vida real.




martes, 7 de junio de 2022

CONCERTO GALEGO

Durante o mes de Maio, no colexio fixemos diferentes actividades para celebrar a festividade das Letras Galegas. 

Unha destas actividades foi un concerto na que algúns dos nosos compañeiros e compañeiras interpretaron algunhas pezas musicais típicas de Galicia. 

Podedes ver o vídeo cas actuacións aquí debaixo:



jueves, 19 de mayo de 2022

Visita de Carlos García

 Como parte das actividades que se están a levar a cabo para celebrar o día e a semana das Letras Galegas no cole, este mércores recibimos a visita de Carlos García.

Carlos, entre outras cousas, foi un dos culpábeis de que a coñecida rede social Twitter puidese estar na nosa lingua, o galego. Durante o tempo que estivo connosco, contounos cómo foi todo o proceso para conseguir que unha empresa tan grande se dese conta de que se demandaba a existencia da lingua galega na súa rede social.


Así mesmo, Carlos tamén nos animou a ter unha forte conciencia lingüística ca nosa lingua, e tratar de preservala da mellor e máis sinxela maneira posible, utilizándoa e sen ter medo a facelo en calquera contexto.

Moitas grazas pola túa visita Carlos, e polas todas as túas palabras e consellos!

miércoles, 11 de mayo de 2022

VISITANDO O MUSEO DO POBO GALEGO

No día de onte, e para coñecer un pouco máis sobre a nosa lingua e a nosa cultura, visitamos o Museo do Pobo Galego.

A maiores de visitar as diferentes salas do museo e aprender sobre a nosa terra e a nosa historia, tivemos a oportunidade de facer una pequena xincana mentres percorríamos as instalacións.





Logo, para rematar a saída, visitamos o Panteón dos Galegos Ilustres, situado dentro da igrexa de Santo Domingo de Bonaval, e presentamos os nosos respetos a todas as personalidades galegas que se atopan alí soterradas.



Foi un día moi entretido e un pequeniño paso para recuperar esas ensinanzas que só se poden conseguir fóra da aula.

miércoles, 23 de febrero de 2022

O DÍA DE ROSALÍA

No día de hoxe, 23 de Febreiro, celebramos o nacemento da autora máis importante e recoñecida da nosa lingua, Rosalía de Castro.

Para facer este día un pouco máis especial, e para achegar a figura de Rosalía aos máis pequenos do cole, nas últimas sesións de Lingua Galega estivemos a preparar uns contos para que os máis peques puidesen coñecer un pouco máis a Rosalía.


Mentres que algúns de nós lemos os nosos contos aos rapaces e rapazas de 1º de Primaria, outros mandamos as nosas obras ao cole de infantil, onde tamén pudieron desfrutar dalgúns dos contos que creamos!



Feliz día de Rosalía de Castro!

viernes, 3 de diciembre de 2021

XINCANA LITERARIA

 En Lingua Galega comezamos a tratar a sección de literatura da materia, empezando a coñecer os diferentes períodos importantes da historia da nosa literatura, así coma os autores máis importantes das distintas épocas.

Para tratar este último tema, fixemos unha xincana no cole na que tivemos que ir buscando diferentes pistas, todas relacionadas con importantes autores galegos, e que nos levaron a buscar obxectos por diferentes partes do cole, resolver adiviñas e incluso algunha proba física.



Para finalizar, a última proba levounos á biblioteca, na que nos atopamos con algúns exemplares dalgunhas obras dos autores traballados coma Rosalía de Castro, Castelao ou Álvaro Cunqueiro. Foi unha maneira diferente de traballar a literatura e aprendemos un montón!


viernes, 21 de mayo de 2021

FOTOGRAFÍA DOS VERSOS

Unha das actividades desta semana de conmemoración das Letras Galegas, adicada a Xela Arias, realizouse a lectura de varios versos, de diferentes obras da homenaxeada.

Por equipos, elixiron un deses versos e a partir del reflexionaron sobre o que lles transmitía para reflexalo, a través dunha serie de fotografías, que realizaban polas instalacións do colexio.

Unha vez realizadas as fotografías, había que crear unha montaxe, empregando o Canva, no que transmitir as emocións, ideas, pensamentos... que cada equipo entendía nos versos elixidos.











miércoles, 19 de mayo de 2021

XELA ARIAS

Este ano, polas Letras Galegas, a homenaxeada é Xela Arias. Profesora, tradutora e escritora.

Empezou dende moi nova a escribir e a recibir premios e ao longo da súa vida adulta traballou para a editorial Xerais na tradución de libros de Cervantes, Gianni Rodari ou Donald Dahl.

Tamén publicou as súas porpias obras, unha delas adicada ao seu fillo Darío, ao nacer este.

E todo isto o puidemos aprender a través dun xogo, con Genially,  no que tiñamos que estar atentos a pequenas lecturas das obras de Xela e tamén a algúns audios para, despois, contestar ben ás preguntas que nos axudaban a levar a bo término o xogo.








lunes, 22 de marzo de 2021

RAP A ROSALÍA

Con motivo da celebración e recordo do nacemento da nosa poetisa máis renombrada, Rosalía de Castro, o alumnado de 5º compuxo a letra para un rap homenaxe, no que se recorda a súa vida, dende o seu nacemento, a súa infancia, vida adulta, sufrimento e varios dos seus poemas máis coñecidos.

Unha actividade que resultou chea de creatividade e diversión como se pode ver no seguinte enlace.

https://www.youtube.com/watch?v=TuL_0zBbcq8

 

viernes, 19 de febrero de 2021

O ENTROIDO DOS PELIQUEIROS

 Ao longo da semana de Entroido o alumnado de 5° traballaou na elaboración dunha serie de carteis, por equipos, e empregando o Canva, con información sobre os peliqueiros.

É un dos entroidos máis coñecidos, famosos e tradicionais que se celebra en Galicia, na zona da provincia de Ourense. 

Cada grupo elaborou un cartel con imaxes e decoración propia destas datas e información como: a orixe do entroido, os diferentes nomes que reciben os peliqueiros, as zonas onde se celebran, os diferentes días de entroido e os seus nomes, as pezas de roupa características...

Os carteis colocáronse no corredor de primaria como exposición para o resto dos cursos.







jueves, 11 de febrero de 2021

AS CIENCIAS ESCRÍBENSE EN FEMININO

Con motivo da celebración do "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia", promovido pola ONU, o 11 de febreiro, o alumnado de quinto participou no visionado dun vídeo no que as mellores científicas galegas lles contaron as principais vantaxes que ten estudar unha carreira científica no ámbito das STEM.

Esta actividade tivo como obxectivo concienciar, principalmente ás nenas,das diferentes opcións de profesións  ie tíficas que existen e cambiar a idea de que as mulleres non poden estudar nin adicarse a traballos científicos.




  

jueves, 5 de noviembre de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Este ano, tan diferente, no que as celebracións están limitadas, decidiuse que houbera unha segunda data de celebración do Día das Letras Galegas. Ese día foi o 30 de outubro con motivo do aniversario do nacemento do homenaxeado, Ricardo Carbalho Calero. 

Por iso ese día, na clase de Lingua Galega, estivemos coñecendo un pouco a este autor e a súa obra a través dun vídeo moi interesante para despois xogar entre todos un Pasapalabra interactivo.