Páginas

lunes, 22 de marzo de 2021

RAP A ROSALÍA

Con motivo da celebración e recordo do nacemento da nosa poetisa máis renombrada, Rosalía de Castro, o alumnado de 5º compuxo a letra para un rap homenaxe, no que se recorda a súa vida, dende o seu nacemento, a súa infancia, vida adulta, sufrimento e varios dos seus poemas máis coñecidos.

Unha actividade que resultou chea de creatividade e diversión como se pode ver no seguinte enlace.

https://www.youtube.com/watch?v=TuL_0zBbcq8

 

jueves, 11 de marzo de 2021

PARTES DA FLOR

Na clase de ciencias naturais estamos traballando a reprodución das plantas. Para iso é importante coñecer as partes dunha flor, xa que así coñeceremos mellor o seu funcionamento e o proceso de reprodución.

Así que elaboramos flores con diferentes papeis de cores e por partes pegamolas nun folio mentres íamos escribindo o nome das distintas partes.












miércoles, 10 de marzo de 2021

EXPERTO EN DOCUMENTAIS

Como xa saberedes, esta semana estamos celebrando a semana da prensa e é por iso que na clase, entre outras cousas, traballamos un pouquiño os documentais. 

Comezamos vendo un documental cortiño e despois elaborando unhas preguntas creativas para un experto co que íbamos a conectarnos.



Finalmente, onte tivemos a oportunidade de poder falar cun grandísimo director do mundo audiovisual, centrándonos na temática dos documentais.  Esforzo, perseverancia, traballo en equipo, a importancia de contrastar a información, de ser críticos... son algunhas das cousas que aprendimos de Manuel, o pai dun dos nosos compañeiros. El leva décadas dedicándose a isto e foi unha grandísima sorte poder escoitar as súas experiencias e os seus consellos.




Moitas gracias Manuel polo teu tempo e por tantas ensinanzas valiosas.



martes, 9 de marzo de 2021

8M

Onte con motivo do Día da Muller fixémos unha dinámica que nos fixo reflexionar moito sobre as distintas desigualdades que hai.

Varios compañeiros realizarían unha carreira, a carreira da vida, pero para iso tiñan que encarnar un persoaxe cunhas características particulares que facían referencia ao xéneros, idade estudos, etc... Segundo esas características poderían  avanzar máis ou menos, ou incluso retroceder.

Unha vez rematada a carreira, fixemos un foro no que comentamos o sucedido nesa carreira, expresamos os nosos pensamentos, e fixemos un lote de preguntas relacionadas coa igualdade.






viernes, 5 de marzo de 2021

AL-ANDALUS

Debido ao noso proxecto, estivemos aprendendo sobre Al-Andalus. Unha época que nos fascinou e que nos deixou un montón de cousas  coma edificios, palabras, alimentos, etc...

Na clase estivemos traballando esta temática a través da ferramenta Canva, e pensamos que o mellor é que vexades vos mesmos algún dos resultados. Para iso fai preme no seguinte enlace: 

https://www.canva.com/design/DAEVQsd5IG4/0bcgeBDHz1BSmX21pCOUvA/view?utm_content=DAEVQsd5IG4&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=recording_view%C3%A7