Páginas

martes, 21 de junio de 2022

UN PAÍS "IDEAL"

Despois de moitas semanas de taballo, aprendendo un lote de cousas sobre demografía, organización territorial, política... decidimos inventar por equipos un país e crear un folleto informativo para presentar esos países creados.

Queremos presentarvos esos folletos que con tantas ganas e ilusión preparamos. Neles atoparedes un montón de información, so necesitades escanear os diferentes códigos QR. Esperamos que vos gusten!!









martes, 7 de junio de 2022

CONCERTO GALEGO

Durante o mes de Maio, no colexio fixemos diferentes actividades para celebrar a festividade das Letras Galegas. 

Unha destas actividades foi un concerto na que algúns dos nosos compañeiros e compañeiras interpretaron algunhas pezas musicais típicas de Galicia. 

Podedes ver o vídeo cas actuacións aquí debaixo:



viernes, 3 de junio de 2022

O CORPO HUMANO

Nas últimas sesións de Ciencias Naturais tocounos traballar o corpo humano, e en concreto os aparatos que o compoñen. 

Por esta razón, cada equipo cooperativo da clase elexiu un aparato e preparou unha mini clase para explicar ao resto de compañeiros e compañeiras o aparato que lles tocara. 

Estes futuros docentes, moi creativos, esforzáronse moito para que o resto da clase entendese ben as partes e o funcionamento do aparato que tiñan que explicar.

Deixámosvos algunhas fotos das súas sesións como profes. 







jueves, 2 de junio de 2022

O PODER EXECUTIVO

Continuamos o traballo dentro deste último proxecto do curso. 

Nestas últimas sesións tocounos traballar o poder executivo do noso país, e por esta razón fixemos un QUEN É QUEN, no que pegamos as fotografías dos compoñentes actuais, escribimos por detrás os datos que os identifican, e despois xogamos a ver se eramos capaces de identificalos. 

Queredes ver como foi o resultado final?