Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta AprendoManipulando. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AprendoManipulando. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de junio de 2022

O CORPO HUMANO

Nas últimas sesións de Ciencias Naturais tocounos traballar o corpo humano, e en concreto os aparatos que o compoñen. 

Por esta razón, cada equipo cooperativo da clase elexiu un aparato e preparou unha mini clase para explicar ao resto de compañeiros e compañeiras o aparato que lles tocara. 

Estes futuros docentes, moi creativos, esforzáronse moito para que o resto da clase entendese ben as partes e o funcionamento do aparato que tiñan que explicar.

Deixámosvos algunhas fotos das súas sesións como profes. 







jueves, 17 de marzo de 2022

CIRCUITOS ELÉCTRICOS

No noso proxecto estamos aprendendo sobre electricidade e circuitos eléctricos. A semana pasada tivemos a oportunidade de crear por equipos os nosos propios circuitos. Aprendemos sobre os seus compoñentes e qué tipos había. Foi unha experiencia moi chula e estamos desexando repetir!

No seguinte link podedes ver algunha fotografía e vídeo do que estivemos a facer

https://www.youtube.com/watch?v=xUdBM9EnIW0

domingo, 6 de marzo de 2022

EXPERIMENTAMOS

Estos días estivemos a aprender sobre distintas reaccións químicas como a oxidación, a fermentación e a combustión. Para iso, na clase fixemos diferentes experimentos á vez que ibamos cubrindo as nosas plantillas do método científico.









miércoles, 9 de febrero de 2022

PROPIEDADES ESPECÍFICAS DA MATERIA

 Esta semana estivemos aprendendo sobre algunhas propiedades específicas da materia. Para iso cada equipo preparou unha demostración dunha propiedade en concreto cun material determinado.

Así, traballamos; a dureza, a condutividade térmica, a a flotabilidade, a solubilidade, a elasticidade e a plasticidade.









Despois, para afianzar esos conceptos comezamos a facer un mapa mental sobre as propiedades da materia, as xerais e as específicas.



Como sabedes, a reflexión sobre o traballo propio e o aprendizaxe son fundamentais para nós. Por iso a autoavaliación xoga un papel importantísimo; ser críticos co traballo propio e reflexionar sobre como aprendo mellor para poder seguir avanzando é algo que, a pesar de que nos custa un pouquiño, é moi enriquecedor. Esta autoavaliación pódese facer de diversas formas. Neste caso, nós, fixemos primeiro unha rúbrica para avaliar o noso mapa mental, e despois un semáforo no que fumos clasificando o que aprendemos sobre as propiedades da materia,








miércoles, 26 de enero de 2022

PROPIEDADES DA MATERIA

 No noso proxecto estamos a aprender cales son as propiedades xerais da materia, e que mellor maneira de experimentalo. Estivemos medindo o volume e a masa de diferentes obxectos.



Despois comezamos a aprender o que era a densidade, e para iso fixemos unha torre de densidades con líquidos de diferente densidade aos que despois botábamos diferentes obxectos. Gustounos moito ver como os obxectos máis densos lograban chegar ao fondo, outros quedaban polo camiño e outros quedaban na superficie.



Aprendimos tamén sobre o método científico e ao mesmo tempo que ibamos completando a nosa torre de densidades ibamos cubrindo unha plantilla que recollía todos os pasos do método científico.



viernes, 14 de enero de 2022

INTERPRETAMOS MAPAS

Esta semana estivemos aprendendo moitas cousas sobre os mapas; que tipos hai, que elementos aparecen, como intepretalos... E que mellor maneira que tendo os mapas na man para poder traballar con eles.









miércoles, 12 de enero de 2022

FRACCIONES

En clase de matemáticas hemos estado repasando las fracciones de manera manipulativa a través de diferentes actividades y matijuegos.







miércoles, 1 de diciembre de 2021

PARTES DA FLOR

 En Ciencias Naturais estamos a aprender un montón de cousas sobre as plantas. Nas últimas sesións estivemos aprendendo sobre a reprodución das plantas con flor.

Con diferentes cartolinas de cores recreamos unha flor e as súas partes para ter ben claro que é o que sucede dentro dunha flor para que as plantas se poidan reproducir. A verdade é que o pasamos xenial e aprendemos un montón!










martes, 19 de octubre de 2021

NÚMEROS DECIMALES

En clase de matemáticas estamos haciendo operaciones con números decimales y para ello, entre otras cosas hemos estado jugando con los Matijuegos para practicar.






lunes, 20 de septiembre de 2021

AS CÉLULAS

Xa adentrados por completo na rutina, comezamos un tema novo de Ciencias Naturais; os seres vivos. Estes días estivemos aprendendo sobre as células, e para iso, por equipos estivemos recreando con plastilina os tipos de  células que hai, marcando as súas partes máis importantes.