Páginas

domingo, 30 de enero de 2022

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

Como sabedes o 30 de Xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Por esta razón estos días estivemos facendo diferentes dinámicas relacionadas con este día tan importante. 

Cada clase traballou sobre un símbolo da paz, nós, aprendemos sobre a "pipa da paz" e incluso fixemos unha por equipo. A verdade e que ten unha historia moi interesante e gustounos moito aprender  sobre iso.








Despois, cada clase persentou os seus traballos e investigacións no corredor e así pudiemos aprender a raíz dos traballos dos nosos compañeiros.








miércoles, 26 de enero de 2022

PROPIEDADES DA MATERIA

 No noso proxecto estamos a aprender cales son as propiedades xerais da materia, e que mellor maneira de experimentalo. Estivemos medindo o volume e a masa de diferentes obxectos.



Despois comezamos a aprender o que era a densidade, e para iso fixemos unha torre de densidades con líquidos de diferente densidade aos que despois botábamos diferentes obxectos. Gustounos moito ver como os obxectos máis densos lograban chegar ao fondo, outros quedaban polo camiño e outros quedaban na superficie.



Aprendimos tamén sobre o método científico e ao mesmo tempo que ibamos completando a nosa torre de densidades ibamos cubrindo unha plantilla que recollía todos os pasos do método científico.



martes, 18 de enero de 2022

ORELLAS DE ELEFANTE

Este ano, co fin de reducir a influencia da pandemia, estamos levando a cabo un Plan de Benestar Emocional. Este, conta con diferentes fases, a primeira é detectar situacións relativas ao malestar, ansiedade... e dotar de ferramentas ao alumnado mediante a construción de redes de apoio e espazo de diálogo.

Fai un par de semanas levamos a cabo unha actividade relacionado con isto, Orellas de Elefante. Para poder realizala ben, tivemos que ter unha boa escoita, cousa que non é de todo sinxelo. Saber escoitar é moi importante na comunicación. A escoita empática consiste en sintonizar cos sentimentos dos demais, en poñernos no lugar da persoa que ten algo que dicir. Debemos escoitar con atención o contido emocional das mensaxes que nos queren transmitir. Neste caso trataremos de comprender tamén actitudes e xestos, máis aló das simples palabras, pois isto é esencial para termos unha boa comunicación.

Tras escoitar unha historia que nos contou a profesora, por grupos tivemos que preparar a representación teatral desa historia e despois representala diante de todos os nosos compañeiros, desta maneira puidemos detectar, que a pesar de escoitar todos a mesma historia, cada grupo fixo interpretacións diferentes. Isto levounos a reflexionar varias cousas; se todas as historias transmitiron o mesmo, que pode provocar esas diferentes interpretacións... Pero tamén falamos dos sentimentos que nos provocou a historia, e reflexionamos sobre a xestión emocional dos personaxes.








lunes, 17 de enero de 2022

GOT SCIENCE

Hoxe comezamos novo proxecto!! GOT SCIENCE. Estamos moi emocionados e foi un día moi intenso pero produtivo.

Coma sempre, cando chegamos todo estaba decorado. 







Comezamos facendo unha rutina de pensamento, vexo - penso - pregúntome mentras observábamos o que tiñamos na mesa. 



A continuación, realizamos un experimento que consistía en separar o Osíxeno da agua osixenada gracias a unha pataca. Resulta que a pataca ten unha enzima chamada "catalasa", que é un potente antioxiadante. Ao mezclar a pataca coa auga osixenada o que fai esta encima é separar a auga do osíxeno.




Tras rematar o experimento relaizamos unha crítica do desafío inicial, expresando libremente a nosa opinión sobre a actividade e propoñendo melloras ou cambios.

Despois chegou o turno de facer a metacognición inicial, un momento crucial neste inicio de proxecto donde reflexionamos sobre o que sabemos sobre o tema, pero tamén reflexionamos sobre temas do noso proceso de aprendizaxe como por exemplo que podemos aportar ao noso grupo, por que é importante aprender, etc...

Por último chega o momento do Plan de Equipo, outra parte fundamental na que os membros dos equipos deben establecer a nome, logo e  os compromisos que os acompañarán ao longo do proxecto.



viernes, 14 de enero de 2022

INTERPRETAMOS MAPAS

Esta semana estivemos aprendendo moitas cousas sobre os mapas; que tipos hai, que elementos aparecen, como intepretalos... E que mellor maneira que tendo os mapas na man para poder traballar con eles.









miércoles, 12 de enero de 2022

FRACCIONES

En clase de matemáticas hemos estado repasando las fracciones de manera manipulativa a través de diferentes actividades y matijuegos.







lunes, 10 de enero de 2022

COORDENADAS TERRESTRES

Comezamos este novo trimestre aprendendo diferentes aspectos da representación terrestre, entre eles os paralelos e os meridianos.

Para iso, entre outras cousas, estivemos aprendendo a buscar distintos lugares do mundo segundo as súas coordenadas.