Hoxe estivemos aprendendo de qué maneira pode cambiar a materia. Son moitas, pero nós estivemos experimentando sobre a combustión, a oxidación e a fermentación.
Para a combustión fixemos un experimento que consistía en apagar unha vela cun vaso. A vela pódese prender porque hai osíxeno e permite a combustión, pero ao poñer o vaso por riba, a vela consume o osíxeno existente e no momento en que xa non hai mais osíxeno a vela apágase.
A continuación fixemos un experimento sobre a fermentación. Botamos levadura e azucre nun vaso con auga quente e disolvémolo. Despois, vertemos esa mezcla nunha botella de auga e colocamos un globo na parte superior da botella. Sumerximos a botella en auga quente e tras varios minutos o globo hinchouse gracias ao CO2 desprendido da mezcla da botella.
Por último aprendemos sobre a oxidación, e para iso fixemos un sinxelo experimento cunha mazá e un limón. Partimos unha mazá ao medio e unha das metades rociámola con zume de limón e a outra non. Ao cabo duns minutos vimos como á metade que non lle botaramos limón estaba oxidada e á que tiña limón non estaba, xa que este ten propiedades antioxidantes.
Despois de realizar cada un dos experimentos fixemos unha rutina de pensamento chamada CAUSA-EFECTO, na que tiñamos que razoar sobre o que acababa de acontecer.