Páginas

miércoles, 23 de febrero de 2022

O DÍA DE ROSALÍA

No día de hoxe, 23 de Febreiro, celebramos o nacemento da autora máis importante e recoñecida da nosa lingua, Rosalía de Castro.

Para facer este día un pouco máis especial, e para achegar a figura de Rosalía aos máis pequenos do cole, nas últimas sesións de Lingua Galega estivemos a preparar uns contos para que os máis peques puidesen coñecer un pouco máis a Rosalía.


Mentres que algúns de nós lemos os nosos contos aos rapaces e rapazas de 1º de Primaria, outros mandamos as nosas obras ao cole de infantil, onde tamén pudieron desfrutar dalgúns dos contos que creamos!



Feliz día de Rosalía de Castro!

martes, 15 de febrero de 2022

OS CLIMAS

En C. Sociais estamos a aprender sobre as zonas climáticas, o clima de España....  Por iso decidimos facer un lapbook por equipos no que cada un céntrase nun par de climas e despois expliclámolo ao resto da clase nunha pequena exposición oral.










miércoles, 9 de febrero de 2022

PROPIEDADES ESPECÍFICAS DA MATERIA

 Esta semana estivemos aprendendo sobre algunhas propiedades específicas da materia. Para iso cada equipo preparou unha demostración dunha propiedade en concreto cun material determinado.

Así, traballamos; a dureza, a condutividade térmica, a a flotabilidade, a solubilidade, a elasticidade e a plasticidade.









Despois, para afianzar esos conceptos comezamos a facer un mapa mental sobre as propiedades da materia, as xerais e as específicas.



Como sabedes, a reflexión sobre o traballo propio e o aprendizaxe son fundamentais para nós. Por iso a autoavaliación xoga un papel importantísimo; ser críticos co traballo propio e reflexionar sobre como aprendo mellor para poder seguir avanzando é algo que, a pesar de que nos custa un pouquiño, é moi enriquecedor. Esta autoavaliación pódese facer de diversas formas. Neste caso, nós, fixemos primeiro unha rúbrica para avaliar o noso mapa mental, e despois un semáforo no que fumos clasificando o que aprendemos sobre as propiedades da materia,








miércoles, 2 de febrero de 2022

USAMOS O TRANSPORTADOR

En clase de matemáticas estamos aprendendo a utilizar unha ferramenta nova, o transportador. A pesar de que aínda estamos comezando a utilizalo e fáisenos un pouco difícil, gústanos moito e estamos a aprender un montón.