Páginas

viernes, 30 de octubre de 2020

CAMBIOS DA MATERIA

 Hoxe estivemos aprendendo de qué maneira pode cambiar a materia. Son moitas, pero nós estivemos experimentando sobre a combustión, a oxidación e a fermentación.

Para a combustión fixemos un experimento que consistía en apagar unha vela cun vaso. A vela pódese prender porque hai osíxeno e permite a combustión, pero ao poñer o vaso por riba, a vela consume o osíxeno existente e no momento en que xa non hai mais osíxeno a vela apágase.




A continuación fixemos un experimento sobre a fermentación. Botamos levadura e azucre nun vaso con auga quente e disolvémolo. Despois, vertemos esa mezcla nunha botella de auga e colocamos un globo na parte superior da botella. Sumerximos a botella en auga quente e tras varios minutos o globo hinchouse gracias ao CO2 desprendido da mezcla da botella. 

                                       




Por último aprendemos sobre a oxidación, e para iso fixemos un sinxelo experimento cunha mazá e un limón. Partimos unha mazá ao medio e unha das metades rociámola con zume de limón e a outra non. Ao cabo duns minutos vimos como á metade que non lle botaramos limón estaba oxidada e á que tiña limón non estaba, xa que este ten propiedades antioxidantes.





Despois de realizar cada un dos experimentos fixemos unha rutina de pensamento chamada CAUSA-EFECTO, na que tiñamos que razoar sobre o que acababa de acontecer.





viernes, 23 de octubre de 2020

MASA E VOLUME

Hoxe estivemos aprendendo a medir a masa e o volume de diferentes obxectos cotiás. Para iso só necesitamos unha báscula e unha xerra medidora. 

Para medir a masa basta con poñer o obxecto na báscula, pero o volume é un pouco máis complexo. Hai que anotar o nivel de auga da xerra, despois sumerxir o obxecto e anotar de novo o nivel de auga que queda tras sumerxir o obxecto. A continuación restamos a auga que nos queda coa auga que tiñamos ao principio para obter o volume.

Foi interesante ver como algúns obxectos parecen un tanto enganosos e tiñan máis ou menos volume co que pensabamos.










martes, 20 de octubre de 2020

AS FASES DA LÚA

Hoxe estivemos aprendendo cousas moi interesantes sobre a Lúa. Aprendemos sobre os seus movementos, os eclipses, etc... E como nos gusta moito facer cousas coas nosas propias mans, representamos as fases da Lúa nunha cartolina con galletas.













viernes, 16 de octubre de 2020

CREANDO UNHA PÁXINA WEB

Hoxe estivemos traballando no diseño dunha páxina web. Cada equipo fixo o seu diseño e despois levámolo a votación para elixir a que máis nos gustaba e quedar cun único diseño.  

Nesta páxina web iremos subindo contidos en diferentes soportes para mostrarvos todo o que imos traballando no noso proxecto e que calquera teña a oportunidade de aprender sobre ciencia e sostibilidade.

Nos próximos días poñerémola a punto e xa vos avisaremos para que a poidades ver.





viernes, 9 de octubre de 2020

AS PROPIEDADES DA MATERIA

Imos avanzando no noso proxecto e hoxe estivemos aprendendo dunha maneira experiencial cales son algunhas das propiedades da materia, como a opacidade, a flotabilidade, a tenacidade, etc... Para iso traballamos con distintos obxectos compostos por diferentes materiais e fumos comprobando algunhas das súas características.

A verdade e que podendo ver e podendo facer aprendemos moitísimo mellor.










martes, 6 de octubre de 2020

OS MOVEMENTOS DA TERRA

Continuamos traballando na nosa paisaxe de aprendizaxe, aprendendo sobre os movementos do noso planeta; a rotación e a traslación. Coma sempre a mellor maneira de aprender é de forma manipulativa e é por iso que hoxe fixemos unha sinxela manualidade que representa estes movementos.