Páginas

martes, 21 de diciembre de 2021

O REI BALTASAR

Onte tivemos unha visita do máis especial, a do Rei Baltasar!!

Sen dúbida, un ano máis foi unha alegría poder falar con el. Fíxonos moitísima ilusión.

Esperamos verte o próximo ano! Felices festas






martes, 7 de diciembre de 2021

CALENDARIO DE ADVIENTO

El tiempo de adviento ha llegado y con él una de nuestras tradiciones, el calendario de adviento. Cada día, desde el 1 de diciembre y hasta el 24, escanearemos un código QR que nos desvelará una actividad a realizar; desde participar en el "amigo invisible", decorar el cole de navidad... hasta compartir momentos en familia.
















viernes, 3 de diciembre de 2021

XINCANA LITERARIA

 En Lingua Galega comezamos a tratar a sección de literatura da materia, empezando a coñecer os diferentes períodos importantes da historia da nosa literatura, así coma os autores máis importantes das distintas épocas.

Para tratar este último tema, fixemos unha xincana no cole na que tivemos que ir buscando diferentes pistas, todas relacionadas con importantes autores galegos, e que nos levaron a buscar obxectos por diferentes partes do cole, resolver adiviñas e incluso algunha proba física.



Para finalizar, a última proba levounos á biblioteca, na que nos atopamos con algúns exemplares dalgunhas obras dos autores traballados coma Rosalía de Castro, Castelao ou Álvaro Cunqueiro. Foi unha maneira diferente de traballar a literatura e aprendemos un montón!


miércoles, 1 de diciembre de 2021

PARTES DA FLOR

 En Ciencias Naturais estamos a aprender un montón de cousas sobre as plantas. Nas últimas sesións estivemos aprendendo sobre a reprodución das plantas con flor.

Con diferentes cartolinas de cores recreamos unha flor e as súas partes para ter ben claro que é o que sucede dentro dunha flor para que as plantas se poidan reproducir. A verdade é que o pasamos xenial e aprendemos un montón!