Páginas

viernes, 18 de junio de 2021

VOTAMOS!

Despois de semanas de traballo, de moito esforzo e ilusión pola nosa parte chegou o día das eleccións! A mesa electoral foi constituída por compañeiros doutros cursos, e un representante de cada partido estivo presente en todo momento como apoderados para asegurarnos de que a xornada iba segundo o previsto. Pouco a pouco, todos exercemos o noso dereito ao voto; alumnos, mestres e personal non docente.

Unha vez rematadas as votacións procedemos ao reconto de votos, para o que se contou de novo coa presencia dos apoderados. Finalmente, obtivemos un partido gañador, ESTUDIANTES EN ACCIÓN! Parabéns!!

Temos que dicir que absolutamente todos estamos moi orgullosos do noso traballo e da nosa implicación nestas eleccións. Foi sen dúbida unha experiencia moi enriquecedora e na que aprendemos mogollón.

No seguinte enlace deixámosvos un resumo da xornada de hoxe: https://www.youtube.com/watch?v=Ybn2Rd-Hfl0


miércoles, 16 de junio de 2021

DISCURSOS ELECTORAIS

Estos últimos días foron moi intensos para nós, xa que estamos no último tramo da nosa campaña electoral.
A maiores de toda a propaganda que fixemos, estivemos preparando uns discursos para convencer coas nosas palabras e seguir gañando votos.
Sempre é complicado falar diante de público, pero nesta ocasión aínda nos puxemos un pouquiño máis nerviosos ao saber que o facelo especialmente ben e ofrecer algo diferente ao resto é o que nos pode facer gañar as eleccións.

Aquí vos deixamos un vídeo recopilatorio con todos os nosos discursos.

martes, 15 de junio de 2021

TRASTORNOS DE ALIMENTACIÓN

Hoxe en ciencias naturais estivemos aprendendo que é iso dos trastornos de alimentación. Para iso escoitamos diferentes testimonios a través dun vídeo, fixemos un pequeno foro preguntando e dando os nosos puntos de vista sobre o tema, e tamén fixemos unha rutina de pensamento "Antes pensaba - agora penso".





lunes, 7 de junio de 2021

CUERPOS GEOMÉTRICOS

Hoy hemos comenzado a trabajar sobre los cuerpos geométricos y para ello hemos estando construyendo algunos.
Poco a poco iremos aprendiendo a distinguir todos sus elementos.

viernes, 4 de junio de 2021

PRODUTO FINAL

Como xa sabedes, o produto final do noso proxecto é a elaboración dunha campaña electoral para elixir ao próximo representante de estudiantes. Levamos moitas sesións traballando na elaboración de propaganda, discursos, etc...








Hoxe compartimos con todos vós o seguinte vídeo no que vos presentamos aos candidatos. Estamos moi emocionados

miércoles, 2 de junio de 2021

UN TESTIMONIO IMPACTANTE

Como xa sabedes, estas semanas estivemos traballando moito sobre as distintas formas de goberno. Seguindo con isto e en continuación tamén coa visita de Judith da semana pasada hoxe tivemos o placer de coñecer o testimonio de Fabién.

Fabién pasou gran parte da súa infancia escapando dos rebeldes que trataban de captar nenos soldado, e a pesar das dificultades e das pedras que atopou no seu camiño consegui fuxir de todo iso e labrarse unha vida mellor.

Escoitalo foi un luxo, xa que nos deixou ensinanzas vitais coma perseguir  evitar os prexuicios, perseguir sempre os teus soños, non perder a sonrisa, valorar o que temos e coidalo...

GRACIAS POR TODO FABIÉN.