viernes, 26 de febrero de 2021
O CAMIÑO DE SANTIAGO
viernes, 19 de febrero de 2021
O ENTROIDO DOS PELIQUEIROS
Ao longo da semana de Entroido o alumnado de 5° traballaou na elaboración dunha serie de carteis, por equipos, e empregando o Canva, con información sobre os peliqueiros.
É un dos entroidos máis coñecidos, famosos e tradicionais que se celebra en Galicia, na zona da provincia de Ourense.
Cada grupo elaborou un cartel con imaxes e decoración propia destas datas e información como: a orixe do entroido, os diferentes nomes que reciben os peliqueiros, as zonas onde se celebran, os diferentes días de entroido e os seus nomes, as pezas de roupa características...
Os carteis colocáronse no corredor de primaria como exposición para o resto dos cursos.
miércoles, 17 de febrero de 2021
jueves, 11 de febrero de 2021
AS CIENCIAS ESCRÍBENSE EN FEMININO
Con motivo da celebración do "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia", promovido pola ONU, o 11 de febreiro, o alumnado de quinto participou no visionado dun vídeo no que as mellores científicas galegas lles contaron as principais vantaxes que ten estudar unha carreira científica no ámbito das STEM.
Esta actividade tivo como obxectivo concienciar, principalmente ás nenas,das diferentes opcións de profesións ie tíficas que existen e cambiar a idea de que as mulleres non poden estudar nin adicarse a traballos científicos.
martes, 9 de febrero de 2021
ANIMAIS INVERTEBRADOS
En Ciencias Naturais estivemos aprendendo sobre os animais invertebrados. Por equipos creamos un pequeno mural no que plasmamos as distintas familias.
Cada equipo encargouse de investigar sobre unha familia e despois compartimos o investigado co resto de compañeiros.
viernes, 5 de febrero de 2021
ROBÓTICA
Seguimos avanzando no mundo da robótica e cada vez os proxectos son máis complicados. Pero como nos encantan os retos aquí estamos, construíndo e programando unha máquina para provocar aludes.