Páginas

miércoles, 29 de marzo de 2023

Visita ao Panteón Real

 Na Catedral de Santiago existe un espazo especial reservado para aquelas persóas influentes que xogaron un papel importante na construción e posta en valor da Catedral de Santiago. Coñecédelo? Hoxe, o alumnado de 5º tivo a oportunidade de visitalo.

Entre as persóas que descansan neste espazo podemos atopar ó bispo Teodomiro, o descubridor da tumba do apóstolo Santiago e pioneiro na creación da Catedral, a gran raíña Xoana de Castro, o bispo Diego Xelmírez, o valente raíña Urraca I...

Neste espazo situado na Capela das Reliquias puidemos aprender un pouco máis sobre a Idade Media, as costumes e tradicións dos reis e bispos, e aumentar o noso coñecemento sobre a cultura que se agocha trala Catedral de Santiago.














martes, 21 de marzo de 2023

Expertos da programación

 Unha das actividades que levamos a cabo no proxecto deste trimestre é a elaboración e programación dunha ponte levadiza. Para levala a cabo, utilizamos os nosos kits de lego para posteriormente programar as construcións na aplicación de WeDo 2.0.

En primeiro lugar construímos unha ponte conectada ao motor a través dunha polea. Posteriormente conectamos o sensor á parte de abaixo da ponte, e construímos tamén unhas escaleiras para que accedan os peóns e máis un barco para poder realizar o simulacro de forma realista.

Unha vez temos todo montado chega o momento máis motivador! Os alumnos deberán programar a ponte para que suba e baixe, deixando tempo suficiente para que os barcos pasen. Conseguido isto, aumenta a dificultade engadindo cores aos semáforos, programando o sensor para que se active cando detecta movemento, facendo soar unha serea que avise da posibilidade de paso... Menudos expertos! E que manera de disfrutar!  













jueves, 9 de marzo de 2023

La clavada y el ataque doble

 En Casa do Neno seguimos formando a pequeños maestros de la lógica y el razonamiento a través del programa de ajedrez en el aula. Hoy aprendimos dos tipos de jugadas nuevas: la clavada y el ataque doble. ¿Sabéis de que tratan?

El ataque doble consiste en mover una de nuestras piezas a una posición en la que amenace a dos fichas diferentes del oponente. 

Por otra parte, la clavada consistiría en mover una de nuestras piezas para amenazar a dos fichas rivales, una de forma directa y otra indirecta. De esta forma, amenazamos a una ficha del oponente, y si esta se mueve dejaría desprotegida a otra de sus piezas.








miércoles, 8 de marzo de 2023

Feliz Día Internacional da Muller!

 Hoxe 8 de marzo celebramos o día internacional da muller. Comezamos o día co desperta, no que reflexionamos acerca da necesidade deste día no mundo no que vivimos. Falamos da situación da muller tanto na nosa sociedade coma noutros países do mundo onde as mulleres non gozan dos mesmos dereitos e privilexios.


Máis adiante, na clase de lingua galega tivemos a oportunidade de "Empoderar unha personaxe" sobre algunha muller que admiremos, xa sexa coñecida a nivel mundial ou alguén do noso entorno. Dende personaxes coma Cocó Chanel, Marie Curie, Rosalía de Castro ata mulleres máis cercanas e que máis admiramos coma nais, avoas, irmás, curmás... Unha gran oportunidade para poñer en valor o seu esforzo e valorar máis todo o que fan por nos!









martes, 7 de marzo de 2023

Apadrinamiento lector 2.0

Como ya sabréis al principio de este curso tuvimos la oportunidad de llevar a cabo un apadrinamiento lector con nuestros ahijados para conocernos un poco mejor, pero tras unos cuantos meses de trabajo y dedicación por parte de los niños y los profes de 1º... ¡Hoy pudimos darle la vuelta a la tortilla!

Durante el rato de lectura de este martes han sido nuestros ahijados los que han venido a leer con nosotros y a presumir del gran progreso que han hecho en todos estos meses. ¡Los de 5º nos hemos quedado alucinando de lo bien que leen! ¡Enhorabuena a todos los alumnos por el gran esfuerzo que hacéis y a los profes por el gran trabajo llevado a cabo!















Semana da prensa: Traballamos as partes da noticia

 Como un ano máis, comeza a semana da prensa no noso cole. Entre algunhas das actividades que levaremos a cabo durante estes días na clase está a de recoñecer ben que é unha noticia, cal é a súa definición correcta e identificar as diferentes partes que hai nelas.

Para traballar isto dunha forma máis práctica, hoxe recortamos diferentes noticias para posteriormente pegalas nos nosos cadernos e sinalar as súas partes.








Entramos na Idade Moderna

En que ano comeza a Idade Moderna? Que acontecemento da lugar a esta? Ata que ano dura? O alumnado de 5º xa sabe respostar a estas cuestións... e o que nos queda!

Tras converternos en expertos sobre a Idade Media e as súas correntes artísticas chega o momento de comezar a traballar a Idade Moderna. En primeiro lugar fixemos a rutina de pensamento "titulares" onde recollimos a información máis importante e un montón de curiosidades do viaxe de Cristóbal Colón a América. Sabíades que é o apelido deste importante personaxe o que lle da nome ó país de Colombia? Coñecedes a historia que hai detrás da expresión "terra á vista"?

Tras traballar o descubrimento de América, hoxe comezamos a profundizar un pouco máis sobre os Reis Católicos: quenes eran, como chegaron ao poder, que medidas levaron a cabo... Invitámosvos a saber un pouco máis de historia e a convertirvos en tan bos historiadores coma nos!