Páginas

miércoles, 14 de abril de 2021

YES, WE CAN!

Esta semana comezamos un novo proxecto, o derradeiro do curso, que rápido está pasando o tempo!!

O nome do proxecto é "YES, WE CAN!", nel traballaremos aspectos sobre a poboación e a organización política e territorial de España.








Como todos os proxectos, comezamos co desafío. Nesta ocasión, cada equipo tiña varias comunidades autónomas a modo de puzzle, e diferentes bandeiras. Entre todos tivemos que montar o mapa de España e despois asociar as bandeiras a cada comunidade. 





Ao rematar comezamos a facer a metacognición inicial e despois o plan de equipo. A verdade é que estamos moi emocionados porque o proxecto trata un tema do que non coñecemos moito e temos moitísimas ganas de aprender.