Hoxe tivemos unha sorpresa moi especial a mediodía, aproveitando o bo tempo e que era o derradeiro día de clase pola tarde, comimos de picnic!! Estivemos encantados coa sorpresa e desfrutamos do bo tempo e dos marabillosos espazos que temos no cole.
lunes, 31 de mayo de 2021
viernes, 28 de mayo de 2021
UNHA VISITA MOI ESPECIAL
viernes, 21 de mayo de 2021
FOTOGRAFÍA DOS VERSOS
Unha das actividades desta semana de conmemoración das Letras Galegas, adicada a Xela Arias, realizouse a lectura de varios versos, de diferentes obras da homenaxeada.
Por equipos, elixiron un deses versos e a partir del reflexionaron sobre o que lles transmitía para reflexalo, a través dunha serie de fotografías, que realizaban polas instalacións do colexio.
Unha vez realizadas as fotografías, había que crear unha montaxe, empregando o Canva, no que transmitir as emocións, ideas, pensamentos... que cada equipo entendía nos versos elixidos.
jueves, 20 de mayo de 2021
VIDEOCHAMADA CUNHA PUBLICISTA
Como produto final do noso proxecto imos a levar a cabo unhas eleccións para elixir a un representante de estudantes. Para isto, temos que preparar unha campaña electoral (cartelería, debates...).
Por este motivo, e para que nos axudase un pouco na elaboración da campaña, onte tivemos tivemos a ocasión de falar con Flor, unha publicista. Explicounos un montón de cousas útiles; a ter en conta aos "votantes", a como preparar unha estratexia, a cómo usar as cores e as formas nos nosos logos ou carteis... En definitiva, unha experiencia moi enriquecedora. Estamos desexando comezar coas nosas campañas!!
miércoles, 19 de mayo de 2021
XELA ARIAS
Este ano, polas Letras Galegas, a homenaxeada é Xela Arias. Profesora, tradutora e escritora.
Empezou dende moi nova a escribir e a recibir premios e ao longo da súa vida adulta traballou para a editorial Xerais na tradución de libros de Cervantes, Gianni Rodari ou Donald Dahl.
Tamén publicou as súas porpias obras, unha delas adicada ao seu fillo Darío, ao nacer este.
E todo isto o puidemos aprender a través dun xogo, con Genially, no que tiñamos que estar atentos a pequenas lecturas das obras de Xela e tamén a algúns audios para, despois, contestar ben ás preguntas que nos axudaban a levar a bo término o xogo.
viernes, 14 de mayo de 2021
UNHA SORPRESA MÁXICA
O mércores recibimos unha visita moi especial, máxica! Tivemos a sorte de poder disfrutar dunha sesión de maxia grazas a un fantástico mago.
Pasámolo moi ben, quedamos abraiados con todos os seus trucos e ademáis puidemos rir moitísimo.
Queremos agradecer a Edelvives por acercar algo de maxia ao noso centro. Esperamos poder repetir pronto!
martes, 11 de mayo de 2021
CCAA
Estos días estivemos aprendendo sobre as Comunidades Autónomas, e para iso marcámolas nun mapa con plastilina.
Mirade que ben nos quedaron!