Páginas

jueves, 20 de mayo de 2021

VIDEOCHAMADA CUNHA PUBLICISTA

Como produto final do noso proxecto imos a levar a cabo unhas eleccións para elixir a un representante de estudantes. Para isto, temos que preparar unha campaña electoral (cartelería, debates...).

Por este motivo, e para que nos axudase un pouco na elaboración da campaña, onte tivemos tivemos a ocasión de falar con Flor, unha publicista. Explicounos un montón de cousas útiles; a ter en conta aos "votantes", a como preparar unha estratexia, a cómo usar as cores e as formas nos nosos logos ou carteis... En definitiva, unha experiencia moi enriquecedora. Estamos desexando comezar coas nosas campañas!!