Unha vez rematadas as votacións procedemos ao reconto de votos, para o que se contou de novo coa presencia dos apoderados. Finalmente, obtivemos un partido gañador, ESTUDIANTES EN ACCIÓN! Parabéns!!
Temos que dicir que absolutamente todos estamos moi orgullosos do noso traballo e da nosa implicación nestas eleccións. Foi sen dúbida unha experiencia moi enriquecedora e na que aprendemos mogollón.
No seguinte enlace deixámosvos un resumo da xornada de hoxe: https://www.youtube.com/watch?v=Ybn2Rd-Hfl0