Páginas

viernes, 22 de octubre de 2021

GRUPO DE EXPERTOS

Esta semana, no proxecto estivemos aprendendo sobre o que son as fontes históricas e a súa clasificación. Para iso, cada persoa do equipo tiña que investigar sobre un aspecto en concreto. Tras un tempo de investigación persoal, reunímonos por grupos de expertos, é dicir, reunímonos segundo a temática que estábamos a investigar e así puidemos contrastar e compartir a información. Unha vez posta en común toda esta información voltamos aos nosos equipos de sempre e cada un de nós explicou todo o aprendido ata o momento aos nosos equipos. Desta maneira, entre todos aprendimos o máis básico e indispensable sobre as fontes históricas para poder meternos de cheo no noso proxecto relacionado coa historia.



Para rematar, plasmamos o aprendido nun pequeno esquema.