Páginas

martes, 18 de enero de 2022

ORELLAS DE ELEFANTE

Este ano, co fin de reducir a influencia da pandemia, estamos levando a cabo un Plan de Benestar Emocional. Este, conta con diferentes fases, a primeira é detectar situacións relativas ao malestar, ansiedade... e dotar de ferramentas ao alumnado mediante a construción de redes de apoio e espazo de diálogo.

Fai un par de semanas levamos a cabo unha actividade relacionado con isto, Orellas de Elefante. Para poder realizala ben, tivemos que ter unha boa escoita, cousa que non é de todo sinxelo. Saber escoitar é moi importante na comunicación. A escoita empática consiste en sintonizar cos sentimentos dos demais, en poñernos no lugar da persoa que ten algo que dicir. Debemos escoitar con atención o contido emocional das mensaxes que nos queren transmitir. Neste caso trataremos de comprender tamén actitudes e xestos, máis aló das simples palabras, pois isto é esencial para termos unha boa comunicación.

Tras escoitar unha historia que nos contou a profesora, por grupos tivemos que preparar a representación teatral desa historia e despois representala diante de todos os nosos compañeiros, desta maneira puidemos detectar, que a pesar de escoitar todos a mesma historia, cada grupo fixo interpretacións diferentes. Isto levounos a reflexionar varias cousas; se todas as historias transmitiron o mesmo, que pode provocar esas diferentes interpretacións... Pero tamén falamos dos sentimentos que nos provocou a historia, e reflexionamos sobre a xestión emocional dos personaxes.