Páginas

miércoles, 9 de febrero de 2022

PROPIEDADES ESPECÍFICAS DA MATERIA

 Esta semana estivemos aprendendo sobre algunhas propiedades específicas da materia. Para iso cada equipo preparou unha demostración dunha propiedade en concreto cun material determinado.

Así, traballamos; a dureza, a condutividade térmica, a a flotabilidade, a solubilidade, a elasticidade e a plasticidade.









Despois, para afianzar esos conceptos comezamos a facer un mapa mental sobre as propiedades da materia, as xerais e as específicas.



Como sabedes, a reflexión sobre o traballo propio e o aprendizaxe son fundamentais para nós. Por iso a autoavaliación xoga un papel importantísimo; ser críticos co traballo propio e reflexionar sobre como aprendo mellor para poder seguir avanzando é algo que, a pesar de que nos custa un pouquiño, é moi enriquecedor. Esta autoavaliación pódese facer de diversas formas. Neste caso, nós, fixemos primeiro unha rúbrica para avaliar o noso mapa mental, e despois un semáforo no que fumos clasificando o que aprendemos sobre as propiedades da materia,