Páginas

lunes, 25 de abril de 2022

ONDE CABEN DOUS CABEN TRES

Hoxe comezamos un novo proxecto, "ONDE CABEN DOUS, CABEN TRES". Estamos moi emocionados xa que se trata do derradeiro proxecto do curso. Nel traballaremos diferentes aspectos relacionados coa poboación, a demografía, os secotres económicos e a organización política e territorial de España.

Coma sempre, a nosa clase estaba decorada ca temática do proxecto, e tiñamos novos sitios de clase asignados.




A continuación comezou o noso desafío inicial, no que a través da técnica cooperativa "plantilla rota", tivemos que descubrir 6 fotografías que plasmaban 6 momentos importantes en España relacionado cos temas a tratar no noso proxecto. Cando montamos as fotografías tocounos investigar que representaban esas fotografías.



Unha vez rematado isto, fixemos a crítica ao desafío inicial, no que analizamos a sucedido ata ese momento e demos a nosa opinión.

Seguidamente, tocou facer o plan de equipo, no que cada equipo consensuou un nome, logo e uns compromisos a seguir ao longo deste trimestre.