Páginas

lunes, 22 de mayo de 2023

C. B. Obradoiro e Día das Letras Galegas

 O pasado martes tivemos a oportunidade de compartir co C.B. Obradoiro e cun montón de colexios máis unhas xornadas adicadas ao deporte e a celebración do día das Letras Galegas. Durante esta celebración fixemos diferentes actividades: Unha competición de K.O. entre alumnos e xogadores profesionais, un concurso de preguntas acerca da historia das Letras Galegas e os seus autores... 

Desfrutamos dunha mañá divertidísima na que ademáis, nos agasallaron cuns diplomas e cunhas invitacións para o seguinte partido. Tamén tivemos a oportunidade de que Moncho, o adestrador do clube, asinase as nosas bufandas a gorras do equipo.

Moitas grazas pola invitación! Esperamos volver a vernos pronto!