A principios de semana realizamos un proxecto de investigación sobre Rosalía de Castro cos nosos compañeiros de 6º de primaria.
Rosalía de Castro é unha das figuras máis importantes da nosa literatura e unha precursora do movemento literario coñecido como Rexurdimento, por iso, cada 23 de febreiro lembrámola, en honra ao seu nacemento en 1837.
Para levar a cabo a sesión, dividímonos en grupos e cada un de nós, investigou sobre un aspecto diferente da vida ou obra de Rosalía de Castro, incluíndo tamén o deseño dunha fermosa portada....un traballo impresionante, co que practicamos habilidades de búsqueda e seleción de información.
Con actividades deste tipo, fomentamos o traballo en equipo, desenvolvemos habilidades sociais, promovemos o respecto e a tolerancia....aspectos fundamentais para o desenvolvemento integral do noso alumnado.
Este foi o comezo dunha semana na que conmemoramos o legado literario e a contribución á nosa cultura galega de ROSALÍA DE CASTRO.