E neste caso imos facer unha viaxe por todos os recunchos cheos de vida que hai no noso planeta, achegándonos aos seres vivos e a todos os seus marabillosos segredos.
Descubrir esa contorna multicolor chea de vida na que nos movemos é o gran desafío deste proxecto. E comezámolo hoxe visitando o museo de historia natural que hai en Secundaria e que nos ensinou Fernando, un dos profesores dos maiores.