Páginas

martes, 29 de marzo de 2022

ENERXÍAS RENOVABLES

Como xa sabedes, estamos a aprender sobre enerxía a través de diferentes actividades. Hoxe, no noso porfolio comezamos unha nova rutina de pensamento "3-2-1 ponte". Comezamos escribindo 3 ideas, 2 preguntas e 1 imaxe sobre as enerxías renovables a raíz dos nosos coñecementos e inquietudes.

Despois, tivemos a sorte de poder facer unha videochamada con Alba, unha enxeñeira experta en enerxías renovables. Explicounos como funciona cada unha delas, como se logran aproveitar estas fontes para obter enerxía eléctrica ou térmica, cales son as súas vantaxes e desvantaxes... En definitiva, aprendemos un lote de cousas interesantísimas!!!



Ao rematar a videochamada, cubrimos de novo na nosa plantilla a segunda parte do "3-2-1 ponte", donde volvemos a reflexionar sobre 3 ideas, 2 preguntas e 1 imaxe. Vimos como evolucionou a nosa aprendizaxe con respecto as enerxías renovables porque as nosas ideas cambiaron e as nosas inquietudes son diferentes e máis "profundas".