miércoles, 18 de mayo de 2022
DÍA DE LA FAMILIA
miércoles, 11 de mayo de 2022
VISITANDO O MUSEO DO POBO GALEGO
No día de onte, e para coñecer un pouco máis sobre a nosa lingua e a nosa cultura, visitamos o Museo do Pobo Galego.
A maiores de visitar as diferentes salas do museo e aprender sobre a nosa terra e a nosa historia, tivemos a oportunidade de facer una pequena xincana mentres percorríamos as instalacións.
martes, 10 de mayo de 2022
PIRÁMIDES DE POBOACIÓN
Estos días estivemos aprendendo moitas cousas sobre as pirámides de poboación; que son, que tipos hai, como se interpretan.... E ata nos animamos a crear unha con diferentes datos das nenas e nenos do noso cole!
martes, 3 de mayo de 2022
DEMOGRAFÍA
No noso proxecto estamos a aprender moitas cousas sobre demografía, entre elas a facer diferentes cálculos como a densidade depoboación, o crecemento natural dun sitio, o saldo migratorio, etc...
En diferentes sesións de matemáticas e sociais estivemos inmersos nun lote de cálculos.
lunes, 25 de abril de 2022
ONDE CABEN DOUS CABEN TRES
Hoxe comezamos un novo proxecto, "ONDE CABEN DOUS, CABEN TRES". Estamos moi emocionados xa que se trata do derradeiro proxecto do curso. Nel traballaremos diferentes aspectos relacionados coa poboación, a demografía, os secotres económicos e a organización política e territorial de España.
Coma sempre, a nosa clase estaba decorada ca temática do proxecto, e tiñamos novos sitios de clase asignados.
A continuación comezou o noso desafío inicial, no que a través da técnica cooperativa "plantilla rota", tivemos que descubrir 6 fotografías que plasmaban 6 momentos importantes en España relacionado cos temas a tratar no noso proxecto. Cando montamos as fotografías tocounos investigar que representaban esas fotografías.
Unha vez rematado isto, fixemos a crítica ao desafío inicial, no que analizamos a sucedido ata ese momento e demos a nosa opinión.
Seguidamente, tocou facer o plan de equipo, no que cada equipo consensuou un nome, logo e uns compromisos a seguir ao longo deste trimestre.


























