Páginas

miércoles, 10 de marzo de 2021

EXPERTO EN DOCUMENTAIS

Como xa saberedes, esta semana estamos celebrando a semana da prensa e é por iso que na clase, entre outras cousas, traballamos un pouquiño os documentais. 

Comezamos vendo un documental cortiño e despois elaborando unhas preguntas creativas para un experto co que íbamos a conectarnos.



Finalmente, onte tivemos a oportunidade de poder falar cun grandísimo director do mundo audiovisual, centrándonos na temática dos documentais.  Esforzo, perseverancia, traballo en equipo, a importancia de contrastar a información, de ser críticos... son algunhas das cousas que aprendimos de Manuel, o pai dun dos nosos compañeiros. El leva décadas dedicándose a isto e foi unha grandísima sorte poder escoitar as súas experiencias e os seus consellos.




Moitas gracias Manuel polo teu tempo e por tantas ensinanzas valiosas.