Páginas

martes, 9 de marzo de 2021

8M

Onte con motivo do Día da Muller fixémos unha dinámica que nos fixo reflexionar moito sobre as distintas desigualdades que hai.

Varios compañeiros realizarían unha carreira, a carreira da vida, pero para iso tiñan que encarnar un persoaxe cunhas características particulares que facían referencia ao xéneros, idade estudos, etc... Segundo esas características poderían  avanzar máis ou menos, ou incluso retroceder.

Unha vez rematada a carreira, fixemos un foro no que comentamos o sucedido nesa carreira, expresamos os nosos pensamentos, e fixemos un lote de preguntas relacionadas coa igualdade.