Páginas

lunes, 22 de noviembre de 2021

DÍA DO PIXAMA

O venres, para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos do Neno celebramos o Día do Pixama. Por que esta celebración? Pois porque o pixama simboliza o momento de intimidade familiar no que os nenos se senten protexidos, arroupados e queridos. Por desgraza hai moitos nenos que non poden ter a sorte de ter unha familia e vivir nun fogar con eles.

Ao longo do día recibimos diversas visitias. Primeiro viñeron Manuel e Cristina, que traballan na fundación IGAXES que traballan para que todos os nenos e nenas teñan dereito a unha protección e a vivir nun espazo adecuado para o seu desenvolvemento. Contáronnos que é iso de centros de acollida, que son os educadores sociais e como é o día a día dos nenos que viven nestes centros (que son vidas igualiñas ás nosas). 



Ademais Manuel e Cristina trouxéronnos un pequeno agasallo, moitas grazas!

Pola tarde viñeron Ana e Antonio, unha parella que leva máis de 20 anos acollendo nenos e nenas na súa casa. Contáronnos a súa exeriencia e contestaron todas as nosas dúbidas. Que ben que haxa xente coma eles que están dispostos a dar tanto amor a tantos nenos.

Foi sen dúbida un día cheo de emocións!!