Páginas

martes, 9 de noviembre de 2021

ROBÓTICA

Hoxe por fin comezamos o noso proxecto de robótica, que consistirá na creación dunha ponte levadiza. Este tema está ligado ao que estamos a ver no noso proxecto, En Babia, xa que na Idade Media as portas dos castelos tiñan un sistema similar ás pontes levadizas actuais.

Para comezar vimos un pequeno vídeo introductorio sobre as pontes levadizas, no que aprendemos sobre a súa historia, os diferentes sistemas, materiais, etc...



Despois estivemos a resolver diferentes cuestións que se nos plantexaban. Fixemos tamén un mapa mental sobre as pontes levadizas, e para rematar autoavaliamos os nosos mapas mentais cunha rúbrica.





Agora xa estamos totalmente preparados para comezar a construír o noso robot!