Páginas

miércoles, 21 de diciembre de 2022

O rober de marte chega a 5º!

Esta semana tivemos a oportunidade de montar o noso propio robot explorador. En relación ao noso proxecto que xira entorno á terra e ó universo construímos nunha sesión de robótica vehículo de exploración espacial moi similar ao que se utiliza para recopilar información acerca do planeta Marte!

Ademáis de traballar contidos relacionados co proxecto e coas matemáticas, puidemos poñer a proba as nosas habilidades de programadores xa que, fixemos diferentes probas nas que tiñamos que lograr que o noso vehículo se detivera no punto adecuado, e que subira por diferentes rampas ou outros elementos.